O Padroado
 
Xunta de Goberno
 
Estrutura
 
Estatutos
 
Localización
 
Contacto
 
 
Estatutos
 
Capítulo IObxectivos, natureza e funcións
Capítulo IIÓrganos de Goberno e Administración...
Capítulo IIIDo persoal
Capítulo IVDos recursos
Capítulo VDos usuarios
Capítulo VINormas complementarias
Capítulo VIIDisolución e liquidación

DOS USUARIOS

ARTIGO 19 .- Consideraranse abonados/as das instalacións deportivas municipais todas aquelas persoas que, trala súa solicitude previa, sexan admitidas.

ARTIGO 20 .- Os/as abonados/as clasificaranse do seguinte xeito:

  1. Abonados/as sénior.
  2. Abonados/as xuvenís.
  3. Abonados/as infantís.

ARTIGO 21 .- Poderán ser abonados/as sénior tódalas persoas maiores de 18 anos e terán dereito ó uso de tódolos deportes e servizos, tralo pago previo das cantidades que se sinalen para cada un deles, de acordo coas normas de réxime interior e utilización establecidas ó respecto.

ARTIGO 22 .- Poderán ser abonados/as xuvenís os comprendidos entre os quince e dezaoito anos de idade, e poderán usa-los servizos das instalacións deportivas nas condicións que se estipulen nas respectivas normas que se elaboren, excepto o uso da piscina que se rexerá pola súa normativa específica.

ARTIGO 23 .- Poderán ser abonados/as infantís os/as menores de quince anos que queiran practicar calquera deporte. Deberán ser previa e expresamente autorizados/as polos pais, nais ou titores/as, sinalando que eximen de toda responsabilidade á instalación deportiva e á Asemblea Xeral en caso de accidente de calquera clase que puidera sobrevir e, ó mesmo tempo, facerse responsable da súa conduta e danos que causen.
Tódolos/as abonados/as e clubs poderán usar os servizos da instalación coas restricións que se estipulen en cada caso e aboarán polo dito uso as taxas especiais que propoña a Asemblea Xeral do Padroado e que serán aprobadas polo Concello Pleno.


Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal