Concello de Narón
Novas
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON HOXE NA ANDAINA DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" POLA RUTA DOS MUÍÑOS
As camiñatas retomaranse tralo verán no marco deste programa municipal que cada ano ten unha excelente acollida por parte da cidadanía
Narón, 26 de xuño de 2022. Un total de 90 persoas inscirbíronse na andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” celebrada esta mañá. Os camiñantes saíron ás 9.30 horas das inmediacións do mosteiro do Couto para dirixirse pola marxe do río Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, un tramo duns once quilómetros pola “Ruta dos muíños”, de gran valor patrimonial e medioambiental. A andaina desta mañá foi a teceira das programadas este ano dende o Concello, tras dous anos de pandemia, para retomar este exitoso programa, que ten en cada cita un gran éxito de participación. Os camiñantes tardaron unhas dúas horas e media en chegar a Pedroso, dende donde regresaron en autobús ao mosteiro do Couto para dar por rematada a xornada. As dúas andainas anteriores tiveron lugar o 24 de abril, cun percorrido polo Camiño Inglés, o mosteiro do Couto, a zona da Picota e o parque do Couto duns doce quilómetros, e o pasado 29 de maio, cun percorrido duns doce quilómetros pola ruta da Costa Ártabra, nas inmediacións da Pena Molexa, a Pena Lopesa, o Campo do Avial e o Monte da Lagoa, entre outras zonas de gran valor paisaxístico. O Concello retomará tralo verán o programa municipal “Ponte en ruta con nós”, dirixido a persoas maiores de 18 anos e pensado para fomentar a práctica do exercicio ao aire libre e evitar o sedentarismo.
www.naron.es