Novas
 
O "II TORNEO DE PROMOCIÓN DE XADREZ NARÓN 2022" DISPUTARASE ESTE SÁBADO NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DO ALTO
A rexedora local, Marián Ferreiro, presentou o evento acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e o presidente do Círculo de Xadrez Narón, Juan Manuel Caneiro
Narón, 15 de xuño de 2022. O Centro Cívico Social do Alto acollerá este sábado, a partir das 10.30 horas o “II Torneo Promoción de xadrez Narón 2022”, enmarcado no XV Circuíto Galego de Promoción organizado pola Federación Galega. A alcaldesa, Marián Ferreiro e o edil de Deportes, José Oreona, presentaron o evento acompañados por Juan Manuel Caneiro, presidente do Círculo Xadrez Narón, que organiza a convocatoria xunto coa Federación Galega de Xadrez. Algo máis de medio cento de menores participarán neste evento, para o que aínda se poden inscribir, de balde, as persoas interesadas a través dos correos electrónicos: torneocxn@gmail.com e xadreznaron@hotmail.com.
Este torneo autonómico diríxese, tal e como apuntou Caneiro, a rapazas e rapaces menores de 14 anos e representa “un compromiso coa promoción do xadrez”, tal e como subliñaron dende o club local. Disputaranse sete partidas nun un total de catro categorías: sub-8, sub-10, sub-12 e sub-14 e en cada unha delas entregaranse trofeos aos cinco primeiros clasificados. Todos os participantes recibirán unha medalla e ademais participarán no sorteo de agasallos. Dende o Círculo Xadrez Narón agradeceron a implicación do Consistorio naronés coa entidade.
A alcaldesa e o edil de Deportes felicitaron ao club local pola súa aposta pola proxección do xadrez entre as veciñas e veciños de Narón e tamén por organizar campionatos como o que terá lugar o sábado na cidade, ao que animaron a acudir a todas as persoas para desfrutar dunha completa xornada de xogo.
O remate deste torneo está previsto para as 20.00 horas, momento no que se procederá á entrega de premios.



Últimas noticias
A ALCALDESA E O PRESIDENTE DA FEBD DESTACARON O COMPROMISO DE NARÓN CO BAILE DEPORTIVO
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON HOXE NA ANDAINA DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" POLA RUTA DOS MUÍÑOS
A ALCALDESA VALOROU OS POSTOS ACADADOS POLOS DEPORTISTAS LOCAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LATINOS CELEBRADO NO PAVILLÓN DA GÁNDARA
ÚLTIMAS PRAZAS PARA AS SESIÓNS DE IOGA NOS PARQUES DE FREIXEIRO E XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O CONCELLO E O CLUB DE REMO NARÓN PRESENTARON A TRAIÑEIRA DA ENTIDADE DEPORTIVA NA PRAZA DE GALICIA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal