Novas
 
O CONCELLO PROGRAMA SESIÓNS DE IOGA E PILATES NOS PARQUES DE FREIXEIRO E XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O edil de Deportes, José Oreona, anunciou a apertura do prazo de preinscrición para formar os diferentes grupos
Narón, 9 de xuño de 2022. O concelleiro de Deportes, José Oreona, informou que dende o Padroado de Deportes se convocarán de novo este verán sesións de ioga e pilates ao aire libre. As actividades levaranse a cabo nos parques de Freixeiro e Xuvia, tal e como indicou o edil, que avanzou que se dirixen a maiores de 16 anos e que se formarán grupos dun máximo de quince usuarias ou usuarios, sendo preciso un mínimo de sete inscritos para poder realizala.
As sesións programáronse de luns a xoves en horario de mañá. No caso do parque de Freixeiro os luns e mércores de 9.00 a 11.00 –en dúas sesións dunha hora cada unha- impartirase pilates e os martes e xoves ioga. No parque de Xuvia haberá ioga os luns e mércores e pilates os martes e xoves, tamén de 9.00 a 11.00. O prezo é o establecido na pertinente taxa, regulada pola ordenanza municipal correspondente, de 13,05 euros por persoa ao mes.
As persoas que desexen acudir deben aportar o seu propio material: colchoneta, esterilla, toalla. As preinscicións poden realizarse chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 2503 ou 2505), de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00 e tamén nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara.



Últimas noticias
A ALCALDESA E O PRESIDENTE DA FEBD DESTACARON O COMPROMISO DE NARÓN CO BAILE DEPORTIVO
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARON HOXE NA ANDAINA DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS" POLA RUTA DOS MUÍÑOS
A ALCALDESA VALOROU OS POSTOS ACADADOS POLOS DEPORTISTAS LOCAIS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LATINOS CELEBRADO NO PAVILLÓN DA GÁNDARA
ÚLTIMAS PRAZAS PARA AS SESIÓNS DE IOGA NOS PARQUES DE FREIXEIRO E XUVIA OS MESES DE XULLO E AGOSTO
O CONCELLO E O CLUB DE REMO NARÓN PRESENTARON A TRAIÑEIRA DA ENTIDADE DEPORTIVA NA PRAZA DE GALICIA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal