Novas
 
A ALCALDESA REUNIUSE CON PERSOAL DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BAILE DEPORTIVO QUE PARTICIPA NUNHAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN BREAKING
Marián Ferreiro desprazouse ao Pazo da Cultura, donde se leva a cabo esta convocatoria dende o 2 ata o 4 de xaneiro
Narón, 3 de xaneiro de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse onte ao Pazo da Cultura para reunirse co persoal que participa nas xornadas de tecnificación breaking organizadas pola Federación Española de Baile Deportivo. Ferreiro estivo acompañada pola directora deportiva da FEBD, Araceli Castaño e saudou aos técnicos, preparadores físicos e ás rapazas e rapaces que participan na convocatoria, que continúa hoxe todo o día no Pazo e rematará mañá ao mediodía.
“É unha satisfacción poder colaborar coa Federación Española de Baile Deportivo para que poidan realizar na cidade estas xornadas de tecnificación nas que participan persoas de Galicia, Asturias… tanto profesionais do breaking a nivel nacional como novas promesas”, asegurou Ferreiro.
Os participantes teñen a oportunidade de ampliar estes días en Narón a súa formación da man de profesionais técnicos e preparadores físicos, cos que realizan a diario unha serie de actividades encamiñadas a mellorar as súas técnicas.
Dende a Federación Española de Baile Deportivo agradeceron publicamente a colaboración do Concello de Narón para poder levar a cabo esta iniciativa nas instalacións do Pazo.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL KAJUKENBO" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CLUB COMBAT NARÓN
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS ORGANIZAN A "XV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Á ANDAINA DESTE DOMINGO POLA PENA MOLEXA E O MONTE DA LAGOA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal