Novas
 
JONATHAN FERNÁNDEZ E BEGOÑA PACIO, CAMPIÓNS ABSOLUTOS DO "XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA"
Os atletas nedense e naronesa do club Pasa ou Entorna revalidaron o seu título
Neda, 12 de decembro do 2021. O atleta nedense Jonathan Fernández e a naronesa Begoña Pacio, do clube Pasa ou Entorna, proclamáronse esta mañá campións absolutos do XXXV Memorial Adolfo Ros Volta á Ría 2021. Revalidan así o trunfo colleitado en 2019, e tamén nas dúas edicións anteriores (2018 e 2017). Tras cruzar a liña de meta, Jonathan e Begoña adicaban a victoria ás súas familias, os seus grandes apoios. Completaron os podiums na categoría absoluta: Lupe Rubio (Pasa ou Entorna) e Ángela Torrente (Kirós), segunda e terceira posición respectivamente, e Abdelaziz Fatihi e Esteban Díaz Pérez (Atletismo Narón) en masculino.
Preto de 900 atletas de todas as idades tomaban parte esta mañá na carreira, organizada conxuntamente polos concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón. O tempo acompañou e as ganas de recuperar a proba, tras o parón forzoso de 2020 pola covid-19, eran latentes. Ángel Alvariño, alcalde de Neda, municipio no que recaeu a dirección da proba, quixo agradecer especialmente a participación de todos os atletas e a máxima implicación das agrupacións locais de Protección Civil dos municipios da comarca, policías locais, destacamentos da Garda Civil e un sinfín de persoas e entidades voluntarias.
A entrega de trofeos celebrouse no pavillón de San Isidro, con representación da familia de Adolfo Ros, o heroe a quen rinde homenaxe a carreira, quen en 1985 deu a súa vida polos demais no rescate de varios bañistas na praia de Doniños. Tamén do alcalde nedense, así como da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e do primeiro edil de Fene, Juventino Trigo, e os concelleiros de Deportes dos 4 concellos organizadores: Ángeles Puentes (Neda), Ángeles Coira (Fene), José Oreona (Narón) e Antonio Golpe (Ferrol).



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "I OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL KAJUKENBO" ORGANIZADO POLO CONCELLO E O CLUB COMBAT NARÓN
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR ÁS SESIÓNS CON MONITORAXE EN PARQUES BIOSAUDABLES DA CIDADE
A CIDADE ACOLLERÁ EN MAIO AS SEMIFINAIS E AS DÚAS FINAIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE FÚTBOL SALA FEMININO
O CONCELLO E O MOTO CLUB FOJETEIROS ORGANIZAN A "XV CONCENTRACIÓN MOTEIRA CIDADE DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR Á ANDAINA DESTE DOMINGO POLA PENA MOLEXA E O MONTE DA LAGOA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal