Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES UN PARTIDO INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA ENTRE AS SELECCIÓNS DE JAPÓN E ARGENTINA NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DA GÁNDARA
O evento deportivo, organizado polo Concello xunto coa Real Federación Galega de Fútbol, contará coas medidas de prevención derivadas da Covid-19
Narón, 19 de agosto de 2021. As seleccións de fútbol sala de Argentina, actual campiona do mundo, e de Japón disputarán un partido internacional o vindeiro martes 24 de agosto no Pavillón polideportivo municipal de A Gándara ás 20.00 horas. O evento deportivo permitirá por primera vez que unha selección campiona do mundo, neste caso Argentina, xogue na cidade. Este partido forma parte da preparación de ambas seleccións para participar no Campionato Mundial de Fútbol Sala que terá lugar en Lituania entre o 12 de setembro e o 3 de outubro do presente ano. A selección de Japón permanece concentrada no concello naronés dende principios de agosto co seu adestrador, Bruno García, afincado en Narón, quen agradeceu a hospitalidade do Concello e o feito de ceder as instalacións da Gándara para os adestramentos. O concelleiro de Deportes, José Oreona, manifestou que esta confrontación deportiva está xerando unha gran expectación dentro e fora da comarca e informou que as persoas interesadas en presenciar este encontro deberán reservar as entradas a través da páxina web da Real Federación Galega de Fútbol. O evento deportivo contará coas medidas derivadas da prevención sobre a Covid-19.
www.naron.es