Novas
 
RECEPCIÓN ONO PAVILLÓN DA GÁNDARA Á SELECCIÓN XAPONESA DE FÚTBOL SALA QUE XOGARÁ A FINAIS DE MES UN PARTIDO CONTRA ARXENTINA NA CIDADE
A comitiva nipona agradeceu a hospitalidade do Concello de Narón e a súa aposta polo deporte
Narón, 11 de agosto de 2021. O alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, desprazáronse esta mañá ao pavillón polideportivo da Gándara para reunirse cos integrantes da selección de fútbol sala de Xapón, co adestrador, o naronés Bruno García á fronte, con motivo da súa estancia na cidade para adestrar de cara ao partido internacional que disputarán o vindeiro 24 deste mes contra Arxentina nas citadas instalacións municipais. No acto estiveron tamén presentes Abraham Yáñez, delegado en Ferrolterra da Federación Galega de Fútbol Sala, e representantes dos clubs locais Narón-O Freixo e Cidade de Narón.
Sánchez Fojo destacou o nivel dos integrantes da selección de Xapón desprazada ata a cidade e desexoulles moitos éxitos tanto nos partidos que disputarán a vindeira semana en Portugal como o que xogarán en Narón a finais deste mes.
Pola súa banda, Bruno García incidiu en que “o Concello de Narón está apoiando moito o fútbol sala e sobre todo á base, polo que quero felicitalos pola súa gran predisposición deportiva”. Así mesmo, o adestrador de Xapón asegurou que a comitiva nipona está “moi agradecida pola hospitalidade, porque nos sentimos como nas nosas casas”.
Finalmente o edil de Deportes felicitou tamén aos xogadores de Xapón e desexoulles moitos éxitos nas súas carreiras deportivas, indicando que “os éxitos que consigades sentirémolos tamén como nosos”. Oreona intercambiou uns agasallos institucionais co capitán do equipo nipón, agradecendo tamén este último a hospitalidade do Concello e o feito de que cedese as instalacións da Gándara para que puidesen adestrar.
As seleccións de Arxentina e Xapón xogarán o día 24 ás 20.30 horas na Gándara, un partido que está xerando unha gran expectación dentro e fóra da comarca e para o que proximamente se anunciará a posta á venda das entradas para poder acudir como público. O evento deportivo permitirá por primera vez que unha selección campiona do mundo, neste caso a de Arxentina, xogue na cidade.




Últimas noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS E ACTIVIDADES CONVENIADAS E DE CLUBS NO PADROADO DE DEPORTES ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA O "I TORNEO CONCELLO DE NARÓN" DE BALONCESTO FEMININO
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XXVII TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO XOVES PARA SESIÓNS DE NADO LIBRE
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "III TROFEO CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA FEMININO"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal