Novas
 
A ALCALDESA REUNIUSE ESTE MEDIODÍA CON RESPONSABLES DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BAILE DEPORTIVO
Marián Ferreiro e Luis Vañó presidente da citada Federación, anunciaron a posta en marcha de dúas ou tres actividades que se definirán nas vindeiras semanas
Narón, 21 de xullo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse este mediodía no seu despacho con Luis Vañó e Araceli Castaño, presidente e vicepresidenta, respectivamente, da Federación Española de Baile. A xuntanza tivo entre os seus obxectivos analizar posibles vías de colaboración entre o Concello e a citada Federación, co fin de estudar esas vías de colaboración de cara a este mesmo ano.
Ferreiro e Vañó avanzaron que se porán en marcha conxuntamente dúas ou tres actividades, que se definirán nas vindeiras semanas e que se levarán a cabo no período 2021-2022. Así mesmo, indicaron que esas actividades abarcarán diferentes especialidades vencelladas ao baile.
Tanto a alcaldesa da cidade como o presidente da Federación Española de Baile Deportivo destacaron a importancia de iniciar esta colaboración co fin de continuar promocionando esta disciplina deportiva en Narón. Ferreiro destacou tamén trala xuntanza que “as clases de baile deportivo do Padroado da Cultura son todo un éxito e contamos con moitas rapazas e rapaces que teñen xa un nivel moi importante e unha traxectoria neste deporte, con importantes premios en diferentes competicións nas que participan”.



Últimas noticias
O PASEO DE XUVIA ACOLLERÁ O DOMINGO A PRIMEIRA EDICIÓN DO "TORNEO DE BILLARDA CIDADE DE NARÓN"
AS SELECCIÓNS DE XAPÓN E ARXENTINA DISPUTARÁN NA CIDADE UN PARTIDO INTERNACIONAL DE FÚTBOL SALA PREVIO AO MUNDIAL DE LITUANIA 2021
A ALCALDESA VISITOU AOS INTEGRANTES DA SELECCIÓN VENEZOLANA DE ATLETISMO E TENIS DE MESA CONCENTRADOS NA CIDADE ANTES DAS OLIMPÍADAS DE TOKIO
MÁIS DE TRESCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NA CUARTA EDICIÓN DO TRISHARK NARÓN 2021
A ALCALDESA REUNIUSE ESTE MEDIODÍA CON RESPONSABLES DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BAILE DEPORTIVO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal