Concello de Narón
Novas
O CIRCUÍTO DE PUMP TRUCK REABRIRÁ ESTA TARDE TRAS REALIZARSE OBRAS DE MANTEMENTO NAS INSTALACIÓNS
O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que permaneceron pechadas uns días para acometer reparacións no firme e repintar
Narón, 6 de xullo de 2021. O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou a reapertura, esta mesma tarde, das instalacións do circuíto de pump truck localizado entre os barrios de Santa Icía e O Alto. Abrirase de novo ao público tras realizarse nos últimos días unha serie de traballos de mantemento das instalacións. As melloras realizadas consistiron en reparacións do firme do trazado e tamén no repintando do mesmo, tal e como apuntou Oreona. Estas instalacións, inauguradas no ano 2019, pódenas utilizar persoas con patinetes, patíns e bicicletas para a práctica de deportes de inercia.
www.naron.es