Concello de Narón
Novas
O CIRCUÍTO DO PUMP TRUCK PERMANECERÁ PECHADO A PARTIR DO VINDEIRO MÉRCORES
O edil de Deportes, José Oreona, explicou que se levarán a cabo traballos de mantemento nas instalacións
Narón, 31 de maio de 2021. O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que a partir do vindeiro mércores, 2 de xuño, o circuíto municipal de pump truck localizado entre os barrios de Santa Icía e O Alto permanecerá pechado ao público debido a que se executarán traballos de mantemento. O Concello habilitou estas instalacións co fin de incrementar a oferta deportiva da cidade para que as utilicen persoas con patinetes, patíns e bicicletas. Unha vez rematen os traballos previstos volverase a reabrir ao público, nunha data que se comunicará previamente dende o Consistorio.
www.naron.es