Concello de Narón
Novas
OS CURSOS DE NATACIÓN DE PERSOAS ADULTAS DISPOÑEN AÍNDA DALGUNHAS PRAZAS LIBRES EN HORARIO DE TARDE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que existe a posiblidadade de anotarse nos cursos de tres ou dous días á semana
Narón, 27 de abril de 2021. O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou que no complexo polideportivo municipal da Gándara aínda quedan algunhas vacantes para os cursos de natación dirixidos a persoas adultas, tanto na modalidade de iniciación como na de perfeccionamento. As sesións para as que hai praza son ou con clases os luns, mércores e venres en horario de 15.15 a 16.00; de 20.45 a 21.30 e de 21.30 a 22.15 ou ben os martes e xoves neses mesmos horarios. Oreona recordou que as persoas interesadas en acudir poden realizar esta semana a inscripción nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara para as clases do vindeiro mes de maio.
www.naron.es