Novas
 
AS SESIÓNS DE NADO LIBRE NO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA AMPLIARANSE A PARTIR DO VINDEIRO LUNS
O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que a medida responde ás modificacións no toque de queda
Narón, 16 de abril de 2021. O concelleiro de Deportes, José Oreona, avanzou que trala entrada en vigor, hoxe mesmo, de cambios nas restricións pola Covid-19, se aplicará unha modificación nos horarios de nado libre na piscina do complexo polideportivo municipal da Gándara. En concreto, tal e como avanzou o edil, a partir do vindeiro luns, día 19, reanudaranse as sesións de nado libre en horario de 21.30 a 22.15, a estar fixado ás 23.00 o toque de queda. Ata hoxe estaba suspendida a última hora, polo que as sesións de nado libre remataban ás 21.30 horas.
Oreona apuntou ademais que a medida que o proceso de desescalada avance e as restricións sexan menores, no caso de así permitilo as autoridades sanitarias, se irán levando a cabo as adaptacións pertinentes nas citadas instalacións deportivas municipais.



Últimas noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS SESIÓNS DEPORTIVAS CON MONITORAXE NOS PARQUES BIOSAUDABLES DIRIXIDAS A PERSOAS MAIORES
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A "XIV COPA GALICIA FEMININA DE FÚTBOL SALA"
SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COMPLEXO DA GÁNDARA MAŃÁ E O MÉRCORES DEBIDO Á FOLGA DO SECTOR DA LIMPEZA
O CONCELLO E O CLUB TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN ORGANIZARON OS CAMPIONATOS AUTONÓMICOS QUE SE DISPUTARÁN EN CAMPO DA SERRA
OS PAVILLÓNS DAS LAGOAS E A SOLAINA ACOLLERÁN O VINDEIRO LUNS AS FASES FINAIS DO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE ALEVÍNS DE VOLEIBOL

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal