Novas
 
O PADROADO DE DEPORTES SUSPENDE A ACTIVIDADE DAS ESCOLAS E AS SESIÓNS DE NADO LIBRE
O concelleiro responsable da área, José Oreona, indicou que dende onte tan só poden utilizar as instalacións clubs que participan en competicións nacionais
Narón, 28 de xaneiro de 2021. O Padroado de Deportes suspendeu inicialmente ata o 17 de febreiro a actividade das Escolas Deportivas Municipais e tamén as sesións de nado libre coincidindo coa entrada en vigor, onte, das novas medidas restrictivas de prevención da Covid-19.
Na actualidade, tal e como indicou o edil de Deportes, José Oreona, tan só poden facer uso das instalacións deportivas municipais, entre elas o Complexo Polideportivo Municipal da Gándara aqueles clubs que participan en competicións a nivel nacional, tal e como estipula a normativa.
Tanto as clases das Escolas como o nado libre retomaranse en canto o permita a situación sanitaria, segundo se indicou dende o Padroado de Deportes.



Últimas noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS SESIÓNS DEPORTIVAS CON MONITORAXE NOS PARQUES BIOSAUDABLES DIRIXIDAS A PERSOAS MAIORES
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A "XIV COPA GALICIA FEMININA DE FÚTBOL SALA"
SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COMPLEXO DA GÁNDARA MAŃÁ E O MÉRCORES DEBIDO Á FOLGA DO SECTOR DA LIMPEZA
O CONCELLO E O CLUB TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN ORGANIZARON OS CAMPIONATOS AUTONÓMICOS QUE SE DISPUTARÁN EN CAMPO DA SERRA
OS PAVILLÓNS DAS LAGOAS E A SOLAINA ACOLLERÁN O VINDEIRO LUNS AS FASES FINAIS DO CAMPIONATO AUTONÓMICO DE ALEVÍNS DE VOLEIBOL

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal