Novas
 
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA SUSPENDE OS CURSOS DE NATACIÓN DE ADULTOS E AS SESIÓNS DE NADO LIBRE PROGRAMADAS A ÚLTIMA HORA
O concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que a entrada en vigor da medida, que se trasladou ás usuarias e usuarios afectados, responde ás novas restricións pola situación sanitaria
Narón, 15 de xaneiro de 2021. O Padroado de Deportes de Narón suspendeu dende hoxe os cursos de natación de adultos –iniciación e perfeccionamento- e as sesións de nado libre que estaban programadas na piscina do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara entre as 21.30 e as 22.15 horas. O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que a medida responde ás novas restricións derivadas da actual situación sanitaria, para cumprir co horario en vigor dende hoxe para o toque de queda, ás 22.00 horas, e que se manterán mentras estean en vigor.
Oreona indicou que xa se contactou dende o Padroado de Deportes coas usuarias e usuarios que acudían ás sesións nese horario para informalos desta medida, ofrecéndolles a posibilidade de reubicalos noutro horario ou, no caso de non ser posible a asistencia, non cobrar a correspondente tarifa.



Últimas noticias
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU AO FUTBOLISTA ADRIÁN MARTÍNEZ VARA O PREMIO AO "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2021"
UN CENTENAR DE DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO "XXVIII TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN"
O CONCELLO ANUNCIOU A CELEBRACIÓN O VINDEIRO ANO DAS "21LEGUAS DE NARÓN" POLOS CONCELLOS DE NARÓN, FERROL E VALDOVIŃO
A PISCINA TERAPÉUTICA DA GÁNDARA REABRIRÁ MAŃÁ PARA OS CURSOS DE GRUPOS DE NATACIÓN TERAPÉUTICA, DE BEBÉS E NADO LIBRE
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O "XXI TORNEO DE TENIS DE MESA CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal