Concello de Narón
Novas
A ALCALDESA ENTREGOU UN AGASALLO INSTITUCIONAL A MANUEL MESA, EXDELEGADO EN FERROL DA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL
Marián Ferreiro e o edil de Deportes, José Oreona, recibiron esta mañá ao naronés Manuel Mesa no Consistorio
Narón, 15 de decembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, reibiu esta mañá no seu despacho ao exdelegado en Ferrol da Real Federación Galega de Fútbol, o naronés Manuel Mesa, nun acto ao que tamén acudiu o edil de Deportes da cidade, José Oreona. Os representantes do goberno local valoraron o traballo realizado por Mesa nos dez anos que permaneceu á fronte da citada delegación polo deporte en xeral e o fútbol en particular. Ferreiro entregoulle a Mesa un agasallo institucional en recoñecemento ao seu labor e á súa disposición a colaborar nos eventos deportivos que se organizaron no Concello naronés. No mesmo podíase ler o texto: “O éxito consiste en acadar o desexado e a felicidade en gozar do conseguido”. Mesa agradeceu o agasallo e tamén o respaldo obtido polo Concello de Narón e destacou o labor que realiza a cidade a prol do deporte. Finamente, a alcaldesa recalcoulle ao exdelegado da RFEF que as portas do Consistorio naronés sempre estarán abertas para el e valorou o feito de que xa continúe vencellado ao mundo do deporte na comarca tras deixar por motivos persoais o seu cargo na citada Federación.
www.naron.es