Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DO CLUB DE PIRAGÜISMO NARÓN
Marián Ferreiro recordou que a través deste acordo se continuará fomentando a práctica do piragüismo na cidade, dende as categorías base ata as senior
Narón, 19 de novembro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou co presidente do Club de Piragüismo Narón, Eduardo Lourido, un convenio de colaboración para continuar fomentando na cidade esta actividade e, ao tempo, fomentar a participación dos integrantes do club en campionatos da citada especialidade deportiva. O importe do acordo rubricado é de 8.000 euros, tal e como indicou a rexedora local.
“O convenio permitirá que se continúe fomentando coa colaboración do Concello a práctica do piragüismo dende as categorías base ata as sénior, polo que o club encargarase de realizar, coordinar e promocionar as actividades relacionadas con este deporte, así como desenvolvelas”, apuntou Ferreiro. Así mesmo, a entidade colaborará co Consistorio na organización de eventos vencellados a esta actividade.
A alcaldesa felicitou á directiva e aos deportistas do citado clube naronés polos logros acadados e desexoulles moitos éxitos na actual tempada, valorando o feito de que representen a Narón tanto nesta cidade como noutras ás que se desprazan para participar en diferentes campionatos.



Últimas noticias
A ALCALDESA FELICITOU Á TRIATLETA PAULA HERRERO, DO CLUB NÁUTICO NARÓN, TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DISTANCIA OLÍMPICA EN BANYOLES
O PADROADO DE DEPORTES RETOMARÁ ESTE XOVES VARIOS CURSOS E ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA RETOMA OS CURSOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NATACIÓN PARA NENAS E NENOS E OS CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO PARA PERSOAS ADULTAS
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DA AGRUPACIÓN DEPORTIVA NÁUTICO DE NARÓN
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PRESIDENTE DO CLUB DE PIRAGÜISMO NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal