Novas
 
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
A rexedora local, Marián Ferreiro, destacou o investimento desta actuación, orzamentada en case 490.000 euros e cofinanciada polas administracións local e autonómica
Narón, 18 de setembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, visitaron esta mañá as obras do novo campo de herba artificial de fútbol 11 que se están executando xunto ao estadio de Río Seco. Trátase dunha actuación, tal e como avanzou Ferreiro, orzamentada en preto de 490.000 euros e que se cofinancia entre as administracións local e provincial.
Esta mesma mañá operarios da empresa adxudicataria dos traballos estaban colocando as capas de herba artificial sobre a superficie do novo campo. “Os traballos están avanzando a moi bo ritmo, o que nos permitirá en breve dispoñer dunhas novas instalacións deportivas na nosa cidade, moi necesarias, comprometidas no seu día coa veciñanza e que estarán en cuestión de pouco tempo a disposición da cidadanía”, destacou Ferreiro.
O novo campo ten unha superficie de cen metros de lonxitude por 63 de ancho, cun ancho de bandas de fondos e laterais de 1,5 metros e unha superficie útil de xogo de 97 metros de longo e 60 de ancho.
“O continuo uso que tiña ata o momento o campo de herba natural de fútbol 11 que se localiza no recinto do Estadio Municipal de Río Seco estaba ocasionando unha serie de problemas no céspede, un problema que agora se solventará no momento en que se poida utilizar o campo de herba artificial, que permitirá dar un descanso ao de herba natural”, asegurou.
A alcaldesa destacou o investimento que se realizará no campo de herba artificial e recalcou “a vontade do grupo de goberno por continuar incrementando os servizos que se ofrecen dende o Concello ás nosas veciñas e veciños”. “O deporte, nas súas múltiples disciplinas, ten un gran peso na nosa cidade e nós dende o Concello tratamos na medida do posible de ir realizando investimentos ano tras ano tanto para ofrecer novos servizos como para manter os existentes nas mellores condicións”, recalcou Ferreiro.



Últimas noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
A ALCALDESA FELICITOU Á TRIATLETA PAULA HERRERO, DO CLUB NÁUTICO NARÓN, TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DISTANCIA OLÍMPICA EN BANYOLES
O PADROADO DE DEPORTES RETOMARÁ ESTE XOVES VARIOS CURSOS E ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA RETOMA OS CURSOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NATACIÓN PARA NENAS E NENOS E OS CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO PARA PERSOAS ADULTAS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal