Novas
 
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, José Oreona, reuníronse con persoal do complexo polideportivo ante o inicio, en outubro, de varios cursos
Narón, 17 de setembro de 2020. A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse ás instalacións do complexo polideportivo municipal da Gándara con motivo do próximo inicio do curso deportivo e para coordinar as medidas do protocolo autonómico para os grupos de risco que utilizan estas instalacións. A rexedora local estivo acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e persoal do citado complexo polideportivo, ante o reinicio, previsto para o vindeiro 1 de outubro, dos cursos de Natación para bebés, Pilates, Ioga e Ximnasia de mantemento e tamén a reapertura da sala de musculación. Uns días máis tarde, concretamente o 8 de outubro, está previsto o inicio dos de Natación infantil (3 a 14 anos) e Natación de adultos, tal e como recordou Ferreiro.
“Con motivo das medidas establecidas de prevención da Covid-19 e para gañar espazo nas instalacións, sacáronse as taquillas dos vestiarios, recolocándose as que poden utilizar as usuarias e usuarios na zona de duchas do vestiario, un espazo no que polo momento non se utilizan esas duchas e que se decidiu habilitar para instalar as taquillas”, indicou Ferreiro.
A alcaldesa visitou tamén a zona ampliada do ximnasio das instalacións, donde o goberno local investiu unha partida duns 6.000 euros. “Con cargo a esta obra, gañamos un espazo importante recuperando un área que estaba reservada para almacén pero que non se estaba utilizando, co que agora ao aumentar o ximnasio terá unha maior capacidade, limitada coas restricións precisas para cumprir cos protocolos de seguridade específicos derivados desta situación sanitaria”, explicou.
“A piscina municipal da Gándara reabriu o vaso grande para baño libre o pasado mes de xuño con cita previa e paulatinamente iranse aumentando os en canto sexa posible garantindo a seguridade tanto do persoal das instalacións como das usuarias e usuarios, ao igual que se fará coa piscina terapéutica, que abrirá na modalidade libre previsiblemente o 1 de outubro e donde posteriormente se retomarán os cursos que se impartían nela”, indicou a alcaldesa.
“Dende o Concello continuamos traballando para restablecer os servizos que se ofrecen no complexo polideportivo da Gándara a medida que a situación sanitaria o permite, seguindo os protocolos establecidos para que as persoas que acuden ás instalacións dispoñan de todas as garantías establecidas polas autoridades sanitarias”, subliñou a alcaldesa.



Últimas noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE AO COMPLEXO POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA PARA COORDINAR O PRÓXIMO I NICIO DOS CURSOS NAS INSTALACIÓNS
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO CAMPO DE F-11 DE HERBA ARTIFICIAL LOCALIZADO XUNTO AO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
A ALCALDESA FELICITOU Á TRIATLETA PAULA HERRERO, DO CLUB NÁUTICO NARÓN, TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE ESPAÑA DE ÉLITE DE DISTANCIA OLÍMPICA EN BANYOLES
O PADROADO DE DEPORTES RETOMARÁ ESTE XOVES VARIOS CURSOS E ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA RETOMA OS CURSOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE NATACIÓN PARA NENAS E NENOS E OS CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO PARA PERSOAS ADULTAS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal