Novas
 
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "IX TORNEO CIDADE DE NARÓN DE ESGRIMA HISTÓRICA"
O Concello colabora coa Asociación Naronesa de Esgrima Antigua na organización do evento, que terá lugar o 14 de marzo, tal e como avanzou o edil de Deportes, José Oreona
Narón, 4 de marzo de 2020. O pavillón municipal de Campo da Serra acollerá o día 14 de marzo a novena edición do “Torneo Cidade de Narón de Esgrima histórica”. O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou o evento acompañado por Daniel López e Ana María Vázquez, vicepresidente e secretaria, respectivamente, da Asociación Naronesa de Esgrima Antigua (Anea), organizadora do evento en colaboración co Concello. A entidade apunta á participación de preto de medio cento de persoas neste torneo, para o que aínda está aberto o prazo de inscrición –ata este sábado, día 7, ás 14.00 horas- a través do correo electrónico: esgrimaantiguanaron@gmail.com.
Da entidade naronesa participarán unhas quince persoas, tal e como indicou López, que avanzou que o resto de participantes procederán de clubes de esgrima da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Madrid, Valladolid, Lisboa, Oporto e Asturias, entre outros. En canto ao desenvolvemento do torneo, que se disputará no formato mixto, o vicepresidente de Anea avanzou que ás 9.30 horas abrirán as portas para que os tiradores se vaian pertrechando e proceder á revisión do material e ás 10.15 comezará a disputarse a modalidade de Espada e Broquel; ás 12.15 horas o de Espada Longa e pola tarde, ás 16.30 horas, será o Torneo de Estoque (Roupeira). “Este é o segundo torneo continuado máis antigo de España”, recalcou o vicepresidente da entidade, que xunto coa explicou que “é un torneo con armas antigas que será de entrada libre”.
Así mesmo, Ana María Vázquez destacou a importancia do evento “porque é unha disciplina que en España non se soe ver moito, que é un arte marcial en auxe no que se aprenden a manexar armas históricas como se facía na época”. Ademais, convidou ás persoas interesadas na esgrima histórica a acudir a algunha das sesións de adestramento de Anea, que teñen lugar os sábados, de 10.00 a 13.00 horas no Centro Cívico Social de Castro, en Narón.
“As persoas que acudan ao pavillón case terán un máster nesta modalidade deportiva que nos trasladará no tempo a outra época histórica e verán como se combatía coas armas antigas”, asegurou Oreona. O edil naronés felicitou aos representantes da Asociación Naronesa de Esgrima Antigua polo seu labor e desexoulle moitos éxitos, animándoos a cumprir máis retos coa organización de novos torneos na cidade.



Últimas noticias
O CONCELLO DESTINA UNS 80.000 EUROS A ACTUACIÓNS DE MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E Á CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA DE TIRO CON ARCO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A PISCINA DA GÁNDARA REABRIRÁ O VINDEIRO MARTES PARA NADO LIBRE CON CITA PREVIA
A PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABRIU ESTA MAÑÁ AO PÚBLICO PARA O NADO LIBRE CON CITA PREVIA
O CONCELLO CONVOCA SESIÓNS DE IOGA E PILATES NO PARQUE DE FREIXEIRO E NO PASEO DE XUVIA
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NAS SESIÓNS DE IOGA E PILATES ORGANIZADAS POLO CONCELLO NO PASEO DE XUVIA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal