Novas
 
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
O concelleiro de Deportes, José Oreona, animou ás persoas interesadas a anotarse no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 17 de febreiro de 2020. O Servizo Municipal de Deportes mantén aberto o prazo de preinscrición para crear un novo grupo de ioga con clases que terían lugar os martes e xoves de 9.00 a 10.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara. O concelleiro de Deportes, José Oreona, explicou que as persoas interesadas en asistir deben anotarse no propio pavillón polideportivo da Gándara, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00, tratándose dunha actividade cun custe de 11,10 euros ao mes.
Para poder crear o citado grupo é preciso que se inscriban un mínimo de dez persoas, tal e como indicou o edil.
Oreona recordou que aínda quedan algunhas vacantes para as clases de Macronatación que se imparten os luns, mércores e venres –de 10.15 a 11.00 horas e tamén de 21.30 a 22.15-, sendo o prezo desta actividade de 38,50 euros ao mes.
Na modalidade de Natación para adultos tamén hai algunhas prazas libres para as clases dos martes e xoves –de 21.30 a 22.15 ou de 22.15 a 23.00 horas- abonando 29,15 euros ao mes ou 20,05 euros no caso de que se poidan acoller ás tarifas reducidas.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CARREIRA E ANDAINA "EN MARCHA POLA IGUALDADE CIDADE DE NARÓN" ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8-M
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "IX TORNEO CIDADE DE NARÓN DE ESGRIMA HISTÓRICA"
O CONCELLO DESTINA UNS 80.000 EUROS A ACTUACIÓNS DE MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E Á CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA DE TIRO CON ARCO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal