Novas
 
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O "XII TORNEO DE VOLEIBOL CIDADE DE NARÓN"
A cita deportiva estaba prevista para o pasado 21 de decembro pero suspendeuse debido á alerta vermella por temporal
Narón, 2 de xaneiro de 2020. O pavillón municipal Campo da Serra acollerá este sábado, día 4, a duodécima edición do “Torneo de Voleibol Cidade de Narón”, evento que estaba programado para o pasado 21 de decembro pero que se tivo que aprazar debido á suspensión de actividades na cidade pola alerta vermella por temporal. O concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, recordou que a cita será a partir das 9.00 horas e ata as 21.00, en horario ininterrompido, tal e como estaba previsto inicialmente.
Participarán finalmente neste torneo, organizado polo club Narón Volea e no que colabora o Concello de Narón, un total de cinco clubs. A maiores do club local, o Narón Volea, acudirán xogadoras e xogadores dos clubs de voleibol Calasancias, Emevé Lugo, Oleiros, e San Ciprián, tal e como apuntou Eva Romero, secretaria do Narón Volea. Haberá categorías prebenxamín, benxamín, infantil, cadete, e alevín –masculinas e femininas, en función do equipo- e xogarase en tres pistas (varias categorías ao mesmo tempo).
O edil de Deportes naronés convidou á veciñanza a desprazarse ao pavillón de Campo da Serra para animar aos xogadores e xogadoras, desexándolle especial sorta aos do club local, o Narón Volea.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CARREIRA E ANDAINA "EN MARCHA POLA IGUALDADE CIDADE DE NARÓN" ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8-M
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "IX TORNEO CIDADE DE NARÓN DE ESGRIMA HISTÓRICA"
O CONCELLO DESTINA UNS 80.000 EUROS A ACTUACIÓNS DE MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E Á CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA DE TIRO CON ARCO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal