Novas
 
A ALCALDESA PRESIDIU UNHA RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA ALICIA FERNÁNDEZ FRAGA
Marián Ferreiro recibiu xunto a representantes da corporación local a Alicia Fernández, subcampiona do Mundo coa Selección Española de Balonmán no Campionato Mundial celebrado recentemente en Xapón
Narón, 23 de decembro de 2019.- A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha recepción no Concello á naronesa Alicia Fernández Fraga, tras proclamarse recentemente subcampiona do mundo de balonmán no no Mundial de Xapón. Nun acto ao que acudiron diversos representantes da corporación local a Alcaldesa da cidade fixo entrga á deportista dunha réplica da escultura Anduriña, do artista luso Manuel Patinha, cuxo orixinal se pode ver na Praza da Gándara.
A alcaldesa e os edís da corporación local que acudiron ao acto felicitaron a Alicia polo resultado acadado no citado campionato do mundo, e desexáronlle moita sorte nos retos que se lle presentan no futuro máis recente, como acadar a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokio, no Preolímpico que terá lugar en España no vindeiro mes de marzo.
Alicia, formou parte ademais durante esta tempada no SCM Râmnicu Vâlcea, en Rumanía, equipo que xoga na Champións League do Balonman europeo.



Últimas noticias
O CONCELLO COLABORA CO CLUB DE REMO NARÓN NA ORGANIZACIÓN DO "I TROFEO DE TRAIÑEIRAS CIDADE DE NARÓN-GRANXA O COTO"
UN TOTAL DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO E O CLUB ALTLETISMO NARÓN ORGANIZAN O "I TORNEO INTERNACIONAL CIDADE DE NARÓN DE CAMPO A TRAVÉS"
MÁIS DE 300 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NO CAMPIONATO GALEGO PREBENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN DE VOLEIBOL
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal