Concello de Narón
Novas
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
A camiñata tivo lugar pola parroquia naronesa do Val, entre a Pena Molexa e o Monte da Lagoa
Narón, 24 de novembro de 2019. Un total de 253 persoas participaron esta mañá nunha nova andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, dende a Pena Molexa ata o Monte da Lagoa, na parroquia naronesa do Val. O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que se tratou dunha ruta cicular de doce quilómetros e que realizaron nunhas tres horas. A vindeira andaina da quinta edición deste programa municipal terá lugar o próximo ano, concretamente o 26 de xaneiro, con saída programada ás 9.00 horas, tal e como recordou Oreona, e consistirá nunha camiñata polo termo municipal de Ares, na zona de Chanteiro. Trátase dun percorrido de 11,5 quilómetros e de aproximadamente tres horas de duración cun nivel de dificultade medio. As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente, a partir do 10 de xaneiro, abonando unha cuota de tres euros para pagar os desprazamentos en autobús dende o punto de inicio da ruta e tamén de regreso ao punto de encontro establecido á hora de rematar o percorrido. As inscricións poden realizarse de luns a xoves, entre as 9.30 e as 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00 horas nas oficinas do pavillón podelideportivo da Gándara. A través destas camiñatas organizadas dende o Concello promociónase a práctica do exercicio ao aire libre a través de rutas con diferentes graos de dificultade e tanto polo concello de Narón como doutros da comarca. Para máis información sobre o programa e as saídas que se levarán a cabo nos vindeiros meses pódense consultar as páxinas web: www.naron.es e www.padroadodeportesnaron.com.
www.naron.es