Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DA CIDADE POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 196.000 EUROS
Marián Ferreiro rubricou os acordos cos presidentes de clubs naroneses, aos que comprometeu o apoio do goberno local
Narón, 18 de outubro de 2019. O Concello de Narón renovou hoxe os convenios de colaboración con oito entidades deportivas da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou os acordos xunto cos presidentes do Club Atletismo Narón, Plácido Vicente Armada; Club Deportivo Narón, Xoán Manuel Ramos; Agrupación Deportiva Santiago Apóstol, Miguel Piñeiro; Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero; Club Atletismo Narón, Miguel Soto; Sociedade Deportiva O Val, Antonio López e Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, se ben non puido acudir hoxe á convocatoria o presidente do Club Piragüismo Narón, Eduardo Lourido. En conxunto, o Concello destinará unha partida de 196.000 euros para continuar promocionando o deporte na cidade a través dos citados clubs.
A finalidade dos acordos rubricados esta mañá é “fomentar e potenciar a práctica deportiva na nosa cidade, nas diferentes categorías”, tal e como destacou a alcaldesa. Así mesmo, Ferreiro agradeceu aos presidentes dos clubs “o traballo que realizades durante todo o ano para que os nosos veciños e veciñas poidan contar cun variado tecido deportivo, de gran calidade e con propostas para persoas de tódalas idades”.



Últimas noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DA CIDADE POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 196.000 EUROS
UN TOTAL DE 240 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NA PRIMEIRA ANDAINA DA QUINTA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CLUB DE GOLF CAMPOMAR ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O "XIV TORNEO DE GOLF CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DUN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARÁN NO "XVI TROFEO DE TIRO CON ARCO CIDADE DE NARÓN"
PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO CONCELLO A ´XXVII EDICIÓN DO TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN´

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal