Novas
 
A ALCALDESA E O EDIL DE DEPORTES PARTICIPARON NO ACTO DE ENTREGA DE TROFEOS DA TERCEIRA FASE DA COPA DE ESPAÑA DE XIMNASIA ESTÉTICA
Marián Ferreiro e José Oreona acudiron ao evento deportivo, no que participaron uns 250 ximnastas
Narón, 14 de outubro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, participaron o pasado sábado, día 12, no acto de entrega de trofeos da terceira fase da Copa de España de Ximnasia Estética que se celebrou no pavillón polideportivo municipal da Gándara. O Club Acordes Narón e a Asociación Galega de Ximnasia Estética de Grupo organizaron o evento, que contou coa colaboración do Concello naronés.
Na xornada do venres, día 11, tiveron lugar as fases previas á proba deportiva ao longo de toda a tarde, dende as 16.00 ata as 22.00 horas. A terceira fase da Copa de España de Ximnasia Estética disputouse na xornada do sábado, día 12, dende as 9.00 ata as 21.00 horas. Nesta terceira fase da Copa de España de Ximnasia Estética a categoría de 8 a 10 anos do Acordes Narón quedou segunda clasificada na terceira fase da Copa e segunda na final da Copa de España; na categoría Junior programa curto o Acordes Narón quedou primeiro clasificado na terceira fase da Copa e primeiro na final da Copa de España e na categoría Senior Mixto primeiro clasificado na terceira fase da Copa de España mixto e primeiro na final da Copa de España.
Neste evento deportivo participaron unha vintena de clubs procedentes de diversas localidades españolas, ademáis de Narón e Ferrol, Pontedeume, Oleiros, Barcelona e Cartagena e doutras comunidades como Aragón, Castela A Mancha, Valencia e Madrid. En total acudiron a esta cita uns 250 ximnastas de diferentes categorías. O concello naronés estivo representado por tres equipos do Club Acordes Narón, do que a alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o posto obtido neste evento e, en xeral, a súa traxectoria na Ximnasia Estética.



Últimas noticias
O CONCELLO COLABORA CO CLUB DE REMO NARÓN NA ORGANIZACIÓN DO "I TROFEO DE TRAIÑEIRAS CIDADE DE NARÓN-GRANXA O COTO"
UN TOTAL DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO E O CLUB ALTLETISMO NARÓN ORGANIZAN O "I TORNEO INTERNACIONAL CIDADE DE NARÓN DE CAMPO A TRAVÉS"
MÁIS DE 300 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NO CAMPIONATO GALEGO PREBENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN DE VOLEIBOL
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal