Novas
 
O CONCELLO PRESENTOU UN NOVO CLUB DE PESCA DA CIDADE, O "ESPIÑAZO NARÓN FISHING"
O edil de Deportes, José Oreona, deuno a coñecer xunto con Francisco Paz e Miguel Fernández, presidente e vogal, respectivamente, do novo club
Narón, 27 de setembro de 2019. O concelleiro de Deportes, José Oreona, presentou esta mañá no Concello un novo club deportivo da cidade, o "Espiñazo Narón Fishing" con Franciso Paz e Miguel Fernández, presidente e vogal, respectivamente. Na actualidade, preto dunha trintena de persoas forman parte do mesmo, ao que Oreona lle deu a benvida e ofreceu a colaboración do Concello “para que continuedes apostando polo deporte e promocionándoo dende a nosa cidade, que tamén é a vosa”.
O "Espiñazo Narón Fishing" xorde como resultado da unión de varios grupos de amigos que practicaban a pesca dende diferentes clubs e asociacións de pesca de Narón e comarca e que decidiron xuntarse e crealo, tal e como recordou Fernández. O obxectivo básico é “pescar, que é o que realmente nos gusta” e coa mirada posta, según indicou o presidente “en organizar en Narón o vindeiro ano un campionato de pesca a nivel autonómico”.
Os impulsores do club recoñecen que a pesca “é un deporte minoritario” e, centrados en fomentalo, tamén traballarán con grupos de nenos e nenas e mulleres –xa hai dúas no club-, avanzaron. “Queremos realizar quedadas, campionatos infantís, de mulleres… propostas que nos axuden a dar a coñecer esta actividade deportiva pero non centrándonos unicamente nas competicións”, indicaron.
O concelleiro de Deportes destacou ademais o feito de que “dende este club xa se está contactando con diferentes entidades para doarlles os peixes que pesquen, polo que a maiores de contribuír a fomentar e diversificar o deporte naronés tamén realizarán unha importante labor solidaria que dende o Concello queremos agradecer e recoñecer”.
As persoas interesadas en contactar cos representantes do "Espiñazo Narón Fishing" poden facelo a través da dirección de correo electrónico: espinazonaronfishing@gmail.com ou chamando aos números de teléfono: 629 871 550 ou 628 474 218.



Últimas noticias
O CONCELLO PRESENTOU UN NOVO CLUB DE PESCA DA CIDADE, O "ESPIÑAZO NARÓN FISHING"
O CONCELLO COLABORA COA ANPA "ACIBRO" DO COLEXIO JORGE JUAN NA "I CARREIRA-ANDAINA CORAZÓN ACIBRO"
O CONCELLO RETOMARÁ ESTE MES O PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS" CUNHA ANDAINA CIRCULAR POLO TERMO MUNICIPAL NARONÉS
A ALCALDESA E O EDIL DE DEPORTES PARTICIPARON NO ACTO DE ENTREGA DE TROFEOS DA TERCEIRA FASE DA COPA DE ESPAÑA DE XIMNASIA ESTÉTICA
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS DA CIDADE POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 196.000 EUROS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal