Novas
 
AS INSTALACIÓNS DA PISCINA MUNICIPAL DA GÁNDARA REABREN PARA O BAÑO LIBRE
O concelleiro de Deportes, José Oreona, anunciou a reapertura da piscina para baño libre trala execución dunhas obras en agosto e avanzou que o vaso terapéutico reabrirase en outubro
Narón, 20 de setembro de 2019. O concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, anunciou a reapertura das instalacións da piscina municipal da Gándara, que xa está novamente operativa tralo parón do mes de agosto debido á execución duns traballos de mellora das paredes da piscina. O vaso terapéutico, apuntou, permanecerá pechado ata o 1 de outubro.
As persoas interesadas en acudir á piscina municipal para baño libre poden facelo pola mañá, entre as 8.00 e as 13.15 horas, en sesións dun máximo de 45 minutos. Polas tardes o horario é durante este mes a partir das 15.15 horas ata as 16.45 e de 17.00 ata as 23.00, tamén en tandas de 45 minutos, tal e como indicou o edil naronés. A partir de outubro manteranse o mesmo horario que en setembro polas mañás e polas, tardes, coincidindo co inicio dos cursos de natación modificarase, podendo dispoñer da piscina para baño libre dende as 15.15 ata as 16.45 e tamén de 20.45 a 23.00 horas, interrumpíndose de 16.45 a 20.45 polos citados cursos.
As fins de semana durante este mes as instalacións abren de 8.30 a 20.30, con sesións de 45 minutos.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA CONSTITUÍR UN NOVO GRUPO DE IOGA A TRAVÉS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CARREIRA E ANDAINA "EN MARCHA POLA IGUALDADE CIDADE DE NARÓN" ORGANIZADA POLO CONCELLO CON MOTIVO DO 8-M
O PAVILLÓN MUNICIPAL CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O "IX TORNEO CIDADE DE NARÓN DE ESGRIMA HISTÓRICA"
O CONCELLO DESTINA UNS 80.000 EUROS A ACTUACIÓNS DE MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E Á CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA DE TIRO CON ARCO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal