Concello de Narón
Novas
O CONCELLO COLABORA CO CLUB NHD ADVENTURE NA ORGANIZACIÓN DA "II QUEDADA NHD ADVENTURE"
O evento terá lugar os vindeiros días 14 e 15 de setembro, tal e como avanzou o concelleiro de Deportes naronés, José Oreona
Narón, 3 de setembro de 2019. O concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona, o presidente do club NHD Adventure, David López, e Antonio José Pasandín e Jorge Prado, integrantes do citado club local, presentaron esta mañá no Concello a “II Quedada NHD Adventure”, que terá lugar os días 14 e 15 de setembro, tal e como avanzou Oreona. A cita inclúe, según explicou o edil, rutas turísticas por Narón e tamén por outros concellos da comarca e as actividades a desenvolver durante os dous días están pensadas para persoas con vehículos todoterreo, camper 4x4 e tamén haberá algunha proposta para persoas que non teñan este tipo de vehículos pero queiran sumarse a este evento. O sábado día 14 a partir das 10.00 horas haberá dúas rutas simultáneas, tal e como apuntou Prado. Una delas será para todoterreos de preparación e outra para os vehículos de serie, na que poderá participar calquera persoa que teña un 4x4. Pola tarde, tralo xantar, programáronse varias actividades na parcela multiaventura de Río do Pozo (xunto ás instalacións do Speis de Narón), donde se abrirá o circuíto para os dous citados tipos de todoterreos. Así mesmo, haberá unha mesa redonda na que participarán varios pilotos que contarán en primeira persoa as súas experiencias sobre un 4x4 e tamén o sábado pola tarde se ofrecerá dende NHD Adventure a posibilidade de dar unha volta polo circuíto de Río do Pozo ás persoas que non teñan todoterreo levándoos nalgún de persoal do citado club naronés. Na xornada do domingo, día 15, tamén sobre as 10.00 horas, haberá unha nova ruta turística por Narón, avanzou Prado. Nestas rutas programadas con motivo desta Quedada NHD Adventure visitaranse puntos de interese turístico da cidade, como a área recreativa e o muíño de Pedroso, as baterías da zona do Val e a Pena Molexa, entre outros. “Estas rutas turísticas están pensadas para as familias, para que incluso aquelas que teñen un vehículo todoterreo recén saído dun concesionario poidan facelas con nós sen problema”, asegurou López. Para anotarse na “II Quedada NHD Adventure” é preciso dirixirse ás instalacións do club –os propios días do evento tamén se poderán anotar-, no polígono de Río do Pozo. Así mesmo, pódese obter información a través do número de teléfono 653 835 363 e do Facebook do club NHD Adventure. Os representantes da entidade agradeceron o respaldo do Concello de Narón na organización deste e outros eventos impulsados dende o club. O concelleiro de Deportes, José Oreona, animou á cidadanía a participar nesta Quedada, “unha proposta diferente en Narón e que ofrece múltiples posibilidades como os percorridos no circuíto da pista multiaventura ou rutas polo Concello e a comarca”.
www.naron.es