Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL
O concelleiro de Deportes, José Oreona, recordou que o goberno local destinará una partida global de 84.500 euros a estas subvencións
Narón, 21 de agosto de 2019. O Concello de Narón abriu o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes ao actual exercicio. O período de presentación será de trinta días naturais –contados dende o sábado 19 de agosto, día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña-. Os clubs e entidades deportivas que soliciten estas subvencións deberán reunir os requisitos esixidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-. O importe máximo que o Concello destinará a estas subvencións é de 84.500 euros, tal e como recordou o concelleiro de Deportes, José Oreona. As subvencións, para o desenvolvemento de actividades no ámbito municipal, poden solicitarse a través do Rexistro municipal do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00. A documentación correspondente ao procedemento pode consultarse a través da páxina web do Padroado de Deportes de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/subvencions-deportivas.
www.naron.es