Concello de Narón
Novas
O CONCELLO E O CLUB CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DEPORTIVA
Promocionar e fomentar a práctica do fútbol sala e participar en diferentes campionatos difundindo a imaxe do Concello de Narón son algúns dos seus obxectivos
Narón, 8 de Agosto de 2019.- A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a presidenta do Club Cidade de Narón de Fútbol Sala, Almudena Fariña, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva co obxectivo de promocionar e fomentar a actividade de Fútbol Sala e a participación en diferentes campionatos da dita especialidade difundindo a imaxe do Concello de Narón. O acordo ten unha vixencia anual (do 1 ó 31 de xaneiro de 2019) e, a través do mesmo o Club recibirá do Concello unha achega de 59.000 € para o desenvolvemento da actividade deportiva do fútbol sala en tódolos niveis. Asimesmo, poderá utilizar as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, o Pavillón Campo da Serra e o Pavillón da Mocidade.
www.naron.es