Novas
 
ABERTO O PERIODO DE INSCRICIÓN NA 5ª BTT "CIDADE DE NARÓN". RUTA DOS MUÍÑOS
O evento deportivo terá lugar o domingo 8 de Setembro e contará con dúas rutas alternativas por lugares emblemáticos do concello.
Narón, 7 de Agosto de 2019.- Esta mañá no Concello, representantes do Club Ciclista MTB Eskornabois, Begoña Espiña e José Luis Fernández, xunto co concelleiro de Deportes, José Oreona, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron a 5ª Ruta BTT ‘Cidade de Narón’. Ruta dos Muíños, que se celebrará o domingo 8 de setembro con saída ás 9.30 horas da zona do Centro Comercial Odeón.
As inscricións poderán realizarse ata o día 4 de setembro en RANCKR www.ranckr.com

A organización espera acadar un número de participantes de ata 300 ciclistas que poderán escoller entre dous tipos de ruta: unha de dificultade baixa cun total de 30 Km. e outra de dificultade media cun total de 49 Km. Ó finalizar o percorrido, os/as ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara (aseos, etc.)

Os participantes nesta ruta cicloturista pasarán por lugares tan emblemáticos como o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso. A organización quere facer notar que o percorrido desta edición é especialmente bonito e que de seguro será do gusto de todas as persoas participantes polo feito de ter contemplado nos dous tipos de rutas a posibilidade de abrir a participación a persoas máis ou menos experimentadas nesta práctica deportiva

Os representantes do Club Ciclista Eskornabois agradeceron ao Concello e Padroado de Deportes o gran apoio a este evento deportivo desde o seu inicio e que xa se pode considerar consolidado dentro das actividades deportivas anuales do municipio. Tamén agradeceron a colaboración da Federación Galega de Ciclismo, Deporte Galego, Diputación da Coruña, e outros patrocinadores privados para levar a cabo este programa deportivo cun carácter turístico que gaña adeptos/as en cada edición.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, felicitou á organización polo traballo desenvolvido ao longo destas cinco edicións nas que sempre vai a máis para satisfacción de todas as persoas participantes, e reiterou o apoio do Concello no futuro. Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, declarou unha especial satisfacción recordando os inicios deste proxecto co que colaborou desde as súas responsabilidades naqueles intres como delegada de deportes e actualmente desde a concellería de Turismo, vendo cómo ano a ano aumenta a afluencia de ciclistas que amosan a súa satisfacción.



Últimas noticias
PRESENTADA ESTA MAÑÁ NO CONCELLO A ´XXVII EDICIÓN DO TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN´
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE INVERNO 2020" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O CONCELLO ACOLLEU ESTA MAÑÁ A PRESENTACIÓN DO "XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS-VOLTA Á RÍA"
MARIÁN FERREIRO ENTREGOU Á TRIATLETA SARA GUERRERO MANSO O PREMIO Á "MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN 2019" NA "XXXI GALA DO DEPORTE"
MÁIS DE 250 PERSOAS PARTICIPARON HOXE NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal