Novas
 
RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA FANY CABARCOS BECEIRO TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE EUROPA DE MTB DE DESCENSO NA CATEGORÍA MASTER 35 EN PORTUGAL
A alcaldesa presidiu esta mañá a recepción, á que tamén acudiron outros representantes da corporación local
Narón, 30 de maio de 2019.- A alcaldesa en funcións da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha recepción no Concello á naronesa Fany Cabarcos Beceiro, tras proclamarse recentemente campiona de Europa de mountain bike de descenso na categoría Master 35. Este evento disputouse na localidade de Pampilhosa da Serra, en Portugal, os pasados 4 e 5 de maio e Fany subiu ao podio coa medalla de ouro tras marcar o mellor crono de todas as categorías Master femininas. Fany Cabarcos, funcionaria do Concello de Narón, recibiu por sorpresa de mans de Marián Ferreiro –nun acto ao que acudiron outros representantes da corporación local- unha réplica da escultura Anduriña, do artista luso Manuel Patinha, cuxo orixinal se pode ver na Praza da Gándara.
A alcaldesa e os edís da corporación local que acudiron ao acto felicitaron a Fany tras gañar o citado campionato europeo –no que estreaba bicicleta- e tamén polo seu exitoso palmarés despois de tres anos practicando este deporte. En tan só tres anos Fany Cabarcos gañou tamén nos últimos meses o Open de España de descenso MTB na categoría Master 30, e é actualmente líder da proba Open de España de Enduro na categoría Master 30.
Fany, integrante do clube BDM Bike Club, das Pontes, agradeceu o agasallo e os parabéns recibidos esta mañá no Concello.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA FANY CABARCOS BECEIRO TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE EUROPA DE MTB DE DESCENSO NA CATEGORÍA MASTER 35 EN PORTUGAL
O PAVILLÓN MUNICIPAL DA GÁNDARA ACOLLERÁ O "XXVI TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE A 130 PILOTOS
O CONCELLO MANTÉN ABERTO ATA O 5 DE XULLO O PRAZO PARA SOLICITAR O ALUGUEIRO PARA USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal