Novas
 
O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE SINDE ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS
A cita será o 17 de maio, con entrada de balde, e participarán oito seleccións: catro masculinas e outras tantas femininas
Narón, 14 de maio de 2019. O concelleiro de Deportes, Román Romero, o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol e o seu delegado en Ferrolterra, Juan Luis Villamisar e Manuel Mesa, respectivamente, e o presidente da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López, presentaron esta mañá no Concello a fase final do Campionato Galego de seleccións comarcais sub 15 masculinas e sub 14 femininas que se desenvolverá este venres no campo de fútbol municipal de Sinde, no Val. A Real Federación Galega de Fútbol organiza este evento deportivo, no que colaboran o Concello e a Sociedade Deportiva O Val, e no que participarán oito seleccións: catro masculinas e outras tantas femininas, de Vigo, A Coruña, Ferrol e Pontevedra.
O primeiro partido, de semifinais da categoría feminina sub 14, será o venres a partir das 11.00 horas no campo de herba artificial, entre as seleccións da Coruña e Vigo para, a continuación, ás 12.15 horas, iniciarse o das de Ferrol e Pontevedra. Pola tarde disputaranse o terceiro e cuarto posto –entre os perdedores das semifinais- a partir das 16.30 horas e a final xogarase –os gañadores das semifinais- ás 17.45 horas.
No que respecta á categoría masculina sub 15 os partidos disputaranse no campo de herba natural. Nas semifinais xogarán a partir das 11.00 horas as seleccións de Vigo e Ferrol e ás 12.15 as de Pontevedra e A Coruña. O terceiro e cuarto posto disputaranse pola tarde, a partir das 16.30 horas e a final comezará a xogarse ás 17.45 horas.
Mesa agradeceu a colaboración do Concello de Narón e da Real Federación Galega de Fútbol, por ofrecer a oportunidade de organizar este evento na cidade, e tamén o respaldo dos clubs, sen o que “sería inviable”. Na mesma liña se pronunciaron Villamisar e Antonio López. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Román Romero, asegurou que “é un orgullo para o Concello de Narón poder celebrar aquí este Campionato galego de seleccións comarcais”, ao que convidou a asistir á veciñanza, con entrada de balde, tal e como recordou.



Últimas noticias
O CAMPO DE SINDE ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "IV TORNEO FEMININO DE FÚTBOL CONCELLO DE NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
UNS 350 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO XVIII TROFEO DE BAILE DEPORTIVO CIDADE DE NARÓN
O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE SINDE ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS
O CONCELLO PON EN SERVIZO A TERCEIRA PISTA MULTIDEPORTE DA CIDADE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal