Novas
 
O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente do Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, Fernando Montero, presentaron esta mañá o evento
Narón, 22 de marzo de 2019. O pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá esta fin de semana, o sábado e o domingo, o Campionato Galego de Tenis de Mesa, nas categorías alevín e sub 23. O edil de Deportes, Román Romero, e Fernando Montero, presidente do Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, presentaron o evento deportivo, no que participarán quince clubes galegos e un total de 118 persoas das catro provincias galegas. O Club Tenis de Mesa Cidade de Narón organiza esta convocatoria co Club Narón Tenis de Mesa e a Federación Galega de Tenis de Mesa, contando coa colaboración do Concello.
Disputaranse probas de equipos, dobres e individuais, durante todo o día. Mañá pola mañá, a partir das 9.30 horas terán lugar as probas dos equipos alevíns (cuartos de final) e as fases clasificatorias de individual e dobres da categoría sub 23. Pola tarde, desde as 16.00 horas será o turno das rondas finais, de equipos e as de individuais e dobres.
Na xornada do domingo pola mañá,tamén ás 9.30 horas comezarán as probas de equipo da categoría sub 23 e os grupos preliminares de individuais e dobres de alevíns. A partir das 18.00 horas será a final de equipos e ás 19.00 as de dobres e individuais.
Montero explicou, en canto á participación, que Narón volve a rexistrar a “máis elevada de tódolos clubes participantes, con 26 inscricións, o que supón un total de vinte xogadores da categoría alevín e seis da sub 23”. Destacou tamén a participación da categoría alevín, “ao ser a primeira vez na que se cubriron os cupos de participación establecidos pola Federación Galega para esta competición en todas as probas”. O presidente do clube naronés valorou a colaboración dos comercios locais e tamén do Concello de Narón, neste último caso, apuntou, “por estar entendendo a nosa forma de traballar, apostando polo deporte tamén a nivel formativo e non como administracións que noutros casos só apoian á élite deportiva”. O clube naronés conta nas súas escolas cuns seseta alumnos e alumnas, dos que actualmente trinta compiten a nivel galego e vinte a nivel nacional, según explicou Montero.
Pola súa parte, Romero felicitou a clube naronés polos éxitos que acada nas diferentes competicións nas que participa e desexoulles moita sorte no campionato desta fin de semana, convidando á cidadanía a acudir tamén como público a este evento deportivo, con entrada de balde.



Últimas noticias
O CONCELLO COLABORA COA REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL E A SDCR NARÓN-O FREIXO NA ORGANIZACIÓN DUN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL SALA
O CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
DEPORTISTAS DE QUINCE EQUIPOS GALEGOS PARTICIPÁRÁN NO XXII TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN
MÁIS DE DUASCENTAS PERSOAS ASISTIRON A UNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CAMPO DE SINDE ACOLLERÁ O VINDEIRO SÁBADO O "IV TORNEO FEMININO DE FÚTBOL CONCELLO DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal