Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO CO CLUBE NHD ADVENTURE PARA A PROTECCIÓN MEDIOAMBIENTAL DA CIDADE
A rexedora local, Marián Ferreiro e David López, en representación do clube, asinaron o acordo, que terá unha vixencia de dous anos
Narón, 26 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio co presidente de NHD Adventure, David López, vencellado á protección medioambiental da cidade. “O obxectivo deste acordo é implicar ao máximo ás veciñas e veciños sobre os problemas medioambientais e a necesidade de coidar e respectar o noso entorno a través de condutas responsables e respectuosas co medio”, apuntou Ferreiro.
En base ao acordo rubricado os integrantes do Club NHD Adventure comprométense a vixiar o medio nas vías que non están asfaltadas e sexan de titularidade pública. No caso de atopar algún verquido procederán a márcalo e, de ser posible, retiraranse os refugallos e levaranse ao Punto Limpo do polígono de Río do Pozo. Así mesmo, cando se trate de residuos que non se poidan depositar no Punto Limpo informarase ao Concello para que os retire un xestor autorizado.
O convenio terá unha duración de dous anos, tal e como explicou a alcaldesa, que agradeceu a colaboración do clube NHD Adventure nesta iniciativa medioambiental e incidiu na importancia de que a cidadanía sexa respectuosa co medio ambiente e deposite os refugallos nos espazos e contenedores habilitados para tal fin.



Últimas noticias
ABERTO O PERIODO DE INSCRICIÓN NA 5ª BTT "CIDADE DE NARÓN". RUTA DOS MUÍÑOS
O CONCELLO E O CLUB CIDADE DE NARÓN DE FÚTBOL SALA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DEPORTIVA
O TORNEO DE FÚTBOL CIDADE DE NARÓN DISPUTARASE OS DÍAS 17 E 24 DESTE MES NO ESTADIO MUNICIPAL DE RÍO SECO
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO "VIII CAMPUS DE VERÁN BALONCESTO NARÓN"
ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PARA CLUBS E ENTIDADES DEPORTIVAS DE ÁMBITO MUNICIPAL

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal