Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DEPORNADAL 2018
O Concello oferta dez actividades deportivas, de balde, dirixidas a nenas e nenos empadroados en Narón e de entre 6 e 12 anos
Narón, 7 de decembro de 2018. O concelleiro de Deportes, Román Romero, informou sobre a apertura do prazo de inscrición no programa DeporNadal 2018. Esta iniciativa diríxese a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos empadroados no Concello de Narón e a participación é de balde. Na convocatoria deste ano, tal e como avanzou o edil naronés, ofértanse dez actividades: fútbol sala, tiro con arco, balonmán, tenis de mesa, xadrez, voleibol, baloncesto, atletismo, natación e golf. As persoas interesadas en inscribirse teñen de prazo ata o 20 de decembro –incluído-, debendo cubrir unha instancia que poden recoller e entregar na conserxería do Pavillón Polideportivo da Gándara, en horario de 9.00 a 13.00 e de 15.15 a 23.00.
As actividades comezarán o mércores día 26 de decembro, con fútbol sala –de 10.00 a 11.30- e tiro con arco -11.30 a 13.00- nas instalacións do Pavillón da Mocidade, na Gándara. O xoves 27 serán as de balonmán -10.00 a 11.30- e tenis de mesa -11.30 a 13.00- no pavillón Campo da Serra, e o venres 28 a de xadrez –de 10.30 a 12.30- no local social de Domirón (Alto do Castiñeiro). A seguinte semana as propostas de DeporNadal comezarán o mércores 2 de xaneiro, con voleibol -10.00 a 11.30- e baloncesto -11.30 a 13.00- e o xoves 3 con atletismo -10.00 a 11.30- a natación -11.30 a 13.00-, todas no Pavillón polideportivo da Gándara, e rematarán o venres 4 de xaneiro con golf -10.00 a 13.00- nas instalacións do Club de Golf Campomar (O Val). Os pais e nais ou titores dos participantes terán que encargarse de levar e recoller aos menores ás diferentes actividades, para as que tamén deberán levar roupa para a práctica deportiva, se ben no caso de natación é imprescindible que saiban nadar e que leven bañador, gorro e chanclas.
O concelleiro de Deportes agradeceu “a colaboración que un ano máis dos clubes Cidade de Narón, Atletismo Narón, Arco Narón, Narón Volea, Tenis de Mesa Narón, Balonmán Narón, Golf Campomar, as agrupacións deportivas Náutico de Narón e Santiago Apóstol e o Círculo Xadrez Narón, sen as que sería moi complicado poder ofrecer aos nenos e nenas de Narón estas actividades deportivas para que poidan desfrutar delas durante as vacacións do Nadal”.
Romero animou aos rapaces e rapazas de Narón aos que se destina esta convocatoria a apuntarse nalgunha destas actividades “para continuar practicando modalidades deportivas nas que xa se iniciaron ou mesmo para iniciarse noutras incluídas neste programa”.



Últimas noticias
O CONCELLO COLABORA NO "I OPEN DE PADEL EN CADEIRA-CIDADE DE NARÓN
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL DEPORNADAL 2018
O PROGRAMA MUNICIPAL PONTE EN RUTA CON NÓS ORGANIZA UNHA ANDAINA ENTRE O CASTELO DA PALMA E O MOSTEIRO DE SANTA CATALINA
MÁIS DE TRESCENTAS PERSOAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO DOMINGO NO "I CROSS POPULAR MUÍÑO DE PEDROSO"
O SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA FORMAR UN TERCEIRO GRUPO DE PILATES

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal