Novas
 
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON OITO ENTIDADES DEPORTIVAS POR UN IMPORTE GLOBAL DE 191.000 EUROS
Marián Ferreiro asinou os convenios cos presidentes da Sociedade Deportiva O Val, o Club Arco Narón, a Agrupación Deportiva Santiago Apóstol, a Agrupación Deportiva Náutico de Narón, o Club Acordes, o Club de Atletismo Narón, o Club de Piragüismo e o Motoclub Fojeteiros
Narón, 13 de novembro de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou hoxe e a pasada semana un total de oito convenios da área de Deportes, por un importe conxunto de 191.000 euros. O edil responsable da área, Román Romero, acudiu ás convocatorias, nas que participaron os presidentes da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López; do Club Arco Narón, Alberto López; da Agrupación Deportiva Santiago Apóstol, Miguel Piñeiro; da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero; do Club Acordes Narón, Izaskun Hernáez; do Club de Atletismo Narón, Miguel Soto; do Club de Piragüismo Narón, Andrés Martínez e do Moto Club Fojeteiros, José María López Quintián.
As entidades deportivas que asinaron os acordos comprométense a fomentar e promocionar as actividades deportivas dos seus respectivos clubes e, nos casos que proceda, nas diferentes categorías cos seus equipos, no termo municipal naronés e tamén, nalgúns casos a participar nos campionatos das diferentes especialidades.
Os representantes dos oito clubes deportivos da cidade valoraron as achegas procedentes do Concello, en canto ao que representan para continuar desenvolvendo a súa actividade. Pola súa banda, tanto a alcaldesa como o concelleiro de Deportes, destacaron o traballo das entidades, así como o seu labor en canto á promoción do deporte en Narón, en categorías desde Base ata Senior e en áreas como o motociclismo, e os éxitos que acadan ano tras ano. “O tecido deportivo co que conta actualmente á cidade é un dos éxitos do traballo realizado nesta área conxuntamente entre o goberno local e as diferentes agrupacións e clubes, aos que felicitamos e dos que nos sentimos especialmente orgullosos polo seu traballo a prol do deporte”, subliñou Marián Ferreiro.



Últimas noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ÚLTIMA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
RECEPCIÓN OFICIAL Á NARONESA FANY CABARCOS BECEIRO TRAS PROCLAMARSE CAMPIONA DE EUROPA DE MTB DE DESCENSO NA CATEGORÍA MASTER 35 EN PORTUGAL
O PAVILLÓN MUNICIPAL DA GÁNDARA ACOLLERÁ O "XXVI TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN"
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO RALLYE CIDADE DE NARÓN REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA NA CIDADE A 130 PILOTOS
O CONCELLO MANTÉN ABERTO ATA O 5 DE XULLO O PRAZO PARA SOLICITAR O ALUGUEIRO PARA USO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal