Novas
 
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes, Román Romero, participaron na caminata programada de Xuvia a Pedroso, que rematou cunha comida de confraternidade
Narón, 1 de xullo de 2018. Un total de 2.056 persoas participaron nas andainas da terceira edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, organizado polo Concello e iniciado o pasado mes de outubro. Esta nova edición concluíu hoxe cunha camiñata desde o antigo Concello de Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, na que se inscribiron 209 persoas. O concelleiro de Deportes, Román Romero, asegurou que “o balance deste programa é moi positivo” e destacou o feito de que “ano tras ano cada vez son máis as persoas que se animan a realizar estas rutas por Narón e outros municipios da comarca e a través das que podemos coñecer de primeira man boa parte do patrimonio da zona, así como desfrutar do noso entorno ao tempo que practicamos deporte ao aire libre”. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Deportes asistiron a esta última andaina do programa “Ponte en ruta con nós” e entregáronlles aos participantes uns agasallos, entre eles unha camiseta en recordo deste programa e unha bolsiña para resgardar o móbil da auga.
Ás11.00 horas partiu a camiñata de hoxe desde o antigo Concello de Xuvia cara ao muíño e a área recreativa de Pedroso, pola marxe do río Xuvia. Trátase dun percorrido de algo máis de seis quilómetros que rematou cunha comida de confraternidade, a base de churrasco e paella, doces e café.
Os paseos de Xuvia e A Gándara, o mirador de Ancos (Neda), o Castelo da Palma (Mugardos) e Punta Coitelada (Ares), a Senda da Memoria (no Lago das Pontes), a Fervenza do Belelle (Neda), os Montes de Brión e o Mirador de Monteventoso (Ferrol), Ponzos (Ferrol), o Faro de Meirás (Valdoviño) e a área recreativa de Pedroso (Narón) foron algúns dos puntos polos que discurriron as rutas programadas entre outubro de 2017 e este mes de xullo a través do programa municipal “Ponte en ruta con nós”.
Marián Ferreiro e Román Romero aproveitaron o remate desta edición do programa para agradecer a participación a tódalas persoas que se inscribiron nestas andainas “con diferentes graos de dificultade a medida que avanza o programa”. Pola súa banda, o edil naronés subliñou que “a través de iniciativas como esta desde o goberno local de Narón tratamos de fomentar hábitos de vida saudables entre a cidadanía, un obxectivo que, á vista da participación nestas andainas, estamos conseguindo con creces ano tras ano”.



Últimas noticias
O CONCELLO CONVOCA TALLERES DE AUTODEFENSA DIRIXIDOS A MULLERES
A ALCALDESA ASINA CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE KÁRATE DE NARÓN, A ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA E O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON OITO ENTIDADES DEPORTIVAS POR UN IMPORTE GLOBAL DE 191.000 EUROS
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O SÁBADO O XV TROFEO DE TIRO CON ARCO EN SALA
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal