Novas
 
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
O concelleiro de Deportes, Román Romero, indicou que a cita terá lugar o día 30 de xuño, en horario de tarde, na parroquia de Sedes
Narón, 28 de xuño 2018. O Concello colabora co clube Galiorient, entre outras entidades, na organización da segunda edición da “Carreira popular de orientación Cidade de Narón”. Román Romero, concelleiro de Deportes, e Pablo López, de Galiorient, presentaron este evento deportivo, que terá lugar o vindeiro sábado, día 30, na zona do Trece, na parroquia de Sedes. A cita desenvolverase en horario de tarde, a partir das 18.30 horas, e na mesma participarán unhas 120 persoas, tal e como indicaron desde a organización.
Ao igual que na anterior edición, celebrada o pasado ano, habilitáronse un total de tres percorridos: un longo para adultos, de 11 quilómetros e con saída ás 18.30 horas do recinto feiral do Trece; outro medio para adultos ou menores acompañados por un adulto, de cinco quilómetros e con saída ás 18.15 horas e un infantil para nenas e nenos de ata 12 anos, non competitivo, de dous quilómetros e que se iniciará ás 18.30. Ao inicio das probas, indicou López, os participantes recibirán un mapa no que están definidos cada un dos percorridos, que contarán con varios puntos de control e unhas balizas que deberán atopar os participantes a medida que avanzan, seguindo as indicacións do mapa, ata cumplimentar a tarxeta de control, que deberán entregar ao final das probas.
“No caso da proba de longa distancia, deséñase cunha certa dificultade para que os orientadores con experiencia teñan unha carreira esixente”, apuntou López, que indicou tamén que tanto a de calificación media como a infantil “son perfectas para aquelas persoas que queiran iniciarse nas carreiras de orientación”. O representante de Galiorient recordou que a pesares de que se trata dunha proba que figura no calendario da Liga Galega, non é puntuable pero “axudará a que a xente compita individualmente ou en grupo e que aquela con menos experiencia na orientación se interese e practique máis habitualmente esta modalidade deportiva”.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes recordou a aposta do goberno local polas carreiras de orientación. “O ano pasado convocamos unha primeira edición e, vista a boa acollida, imos celebrar a segunda, que tamén ten un importante número de participantes”. Romero asegurou que “desde o Concello continuaremos apostando polas carreiras de orientación e animamos á cidadanía a que asista a este tipo de eventos e se anime cada vez máis a participar”.



Últimas noticias
O CONCELLO CONVOCA TALLERES DE AUTODEFENSA DIRIXIDOS A MULLERES
A ALCALDESA ASINA CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA ESCOLA SUPERIOR DE KÁRATE DE NARÓN, A ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA E O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON OITO ENTIDADES DEPORTIVAS POR UN IMPORTE GLOBAL DE 191.000 EUROS
O PAVILLÓN CAMPO DA SERRA ACOLLERÁ O SÁBADO O XV TROFEO DE TIRO CON ARCO EN SALA
MÁIS DE 250 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN O VINDEIRO SÁBADO NO XXVI TROFEO DE NATACIÓN CIDADE DE NARÓN

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal