Novas
 
O "XXV TORNEO DE BALONMÁN CIDADE DE NARÓN" DISPUTARASE O 2 DE XUÑO NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA
O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente do Club Balonmán Narón, José Oreona, presentaron o evento, no que participarán un total de catro equipos
Narón, 30 de maio de 2018. O pavillón polideportivo da Gándara acollerá o vindeiro sábado, 2 de xuño, a vixésimo quinta edición do Torneo de Balonmán Cidade de Narón. O edil de Deportes, Román Romero, o presidente do Club Balonmán Narón, José Oreona, Rubén Fernández, en representación tamén do citado clube e Beatriz Lourido, xerente da empresa Casa y Baño Star presentarono evento, que conta coa colaboración do Concello, entre outras administracións.
Neste torneo participarán os clubes de balonmán Atlántico (A Coruña), Ferrolterra, Pontedeume e, o anfitrión e organizador, o C.BM. Narón. Os partidos das categorías alevín mixto e cadete masculino disputaranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00, se ben pola tarde, de 16.00 a 21.00 horas, xogaranse as de xuvenil e sénior masculino. Este último consistirá nun triangular que disputarán os clubes de Narón, Pontedeume e os veteráns do Narón, tal e como indicou Oreona.
O presidente do Club de Balonmán Narón destacou a colaboración do Concello e da empresa patrocinadora e animou á veciñanza a asistir a este torneo, destacando o feito de que se trata dun dos máis consolidados dentro do deporte na cidade.
O concelleiro de Deportes, Román Romero, felicitou ao clube local, que celebra este ano as vodas de prata deste evento deportivo. “Desde o Concello queremos agradecer o traballo e o esforzo que fai cada ano o Club Balonmán Narón, do que nos sentimos moi orgullosos”, asegurou. O edil naronés animou á entidade a “continuar traballando como o viñestes facendo ata o de agora” e brindoulles o apoio do goberno local “ao igual que en todos estes anos”.



Últimas noticias
O CONCELLO E ASOTRAME CONVOCAN A "IV CARREIRA SOLIDARIA" QUE SE CELEBRARÁ ESTE DOMINGO NA CIDADE
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS CON CINCO ENTIDADES DEPORTIVAS LOCAIS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 102.000 EUROS
O CONCELLO INICIA ESTE MES AS ANDAINAS DA CUARTA EDICIÓN DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS"
O CONCELLO ORGANIZA A PRIMEIRA EDICIÓN DA CARREIRA CIDADE DE NARÓN 7-14-21
O CONCELLO CONVOCA TALLERES DE AUTODEFENSA DIRIXIDOS A MULLERES

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal