Novas
 
A ALCALDESA REICIBIU NO SEU DESPACHO A SOFÍA COUCE E ANA OTERO, XOGADORAS DO CLUB TENIS DE MESA NARÓN
Marián Ferreiro felicitou ás dúas rapazas polos seus éxitos deportivos e pola súa recente viaxe ao Centro de Tecnificación de Luxemburgo para asistir ao Hopes Selection Camp
Narón, 17 de abril de 2018. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu no seu despacho a dúas xogadoras do Club Tenis de Mesa Narón: Sofía Couce e Ana Otero, ambas multimedallistas nacionais e galegas. O concelleiro de Deportes da cidade, Román Romero, o presidente do citado clube local, Fernando Montero, e os pais das menores –de 10 e 11 anos- acudiron tamén á convocatoria, que tivo lugar ás 12.00 horas.
Sofía e Ana desprazáronse a principios deste mes a Luxemburgo, concretamente ao Centro de Tecnificación, donde tuvo lugar o Hopes Selection Camp, un programa no que se seleccionan talentos organizado pola Unión Europea de Tenis de Mesa (ETTU). Ambas quedaron en moi boa posición nesta convocatoria –Sofía de décima e Ana de décimo terceira- e tiveron a oportunidade de mellorar a súa técnica de xogo e, ao tempo, gozar dunha nova experiencia deportiva no tenis de mesa. Neste evento convocado en Luxemburgo resultaron selecionadas tres persoas de diferentes países europeos que participarán no mes de xullo na Ittf Hopes –da Federación Internacional de Tenis de Mesa- que se celebrará en Alacante.
As dúas rapazas entregáronlle á alcaldesa dous agasallos, unha camiseta do clube Narón Tenis de Mesa e unha raqueta de tenis de mesa persoalizada, realizada por elas. Pola súa banda, Marián Ferreiro fíxolles entrega dunha chaqueta do Servizo Municipal de Deportes de Narón, un pen drive e outros agasallos institucionais que as menores agradeceron.
“Quero felicitarvos polos logros deportivos que xa alcanzastes e animarvos a que continuedes adestrando como o viñestes facendo ata o de agora porque sodes un exemplo e un orgullo para todas e todos os naroneses”, asegurou a alcaldesa. Ferreiro deu a noraboa a Sofía e Ana pola súa traxectoria deportiva e conversou animadamente con elas durante a súa estancia no Concello.



Últimas noticias
O "XXI TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN" DISPUTARASE O 3 DE MARZO NA ENSEADA DA GÁNDARA
UNS TRESCENTOS DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE DUATLÓN E PARADUATLÓN QUE SE CELEBRARÁN EN RÍO DO POZO
A ALCALDESA REICIBIU NO SEU DESPACHO A SOFÍA COUCE E ANA OTERO, XOGADORAS DO CLUB TENIS DE MESA NARÓN
PRETO DE 450 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NO XVII TROFEO DE BAILE DEPORTIVO E CAMPIONATO GALEGO DE DANZA COREOGRÁFICA CIDADE DE NARÓN
O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ A "VII VELADA DE BOXEO CIDADE DE NARÓN"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal