Novas
 
O "XXI TROFEO DE BATEIS CIDADE DE NARÓN" DISPUTARASE O 3 DE MARZO NA ENSEADA DA GÁNDARA
O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente do Club de Remo Narón, Martín Martínez, presentaron o evento, no que participarán regatistas dunha quincena de clubes galegos
Narón, 28 de febreiro de 2018. A enseada da Gándara acollerá este sábado, día 3, a vixésimo primeira edición do Trofeo de Bateis Cidade de Narón. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente do Club de Remo Narón, Martín Martínez, presentaron esta mañá o evento, no que participarán un total de quince clubes galegos. O edil naronés convidou a todas as persoas que disfruten desta modalidade deportiva a que se despracen este sábado á zona da Gándara para animar aos regatistas dos diferentes clubes e desexou moita sorte nesta proba ao anfitrión, o Club de Remo Narón.
A organización confía en alcanzar nesta edición un récord de participación, con aproximadamente 350 persoas. Os equipos que estarán presentes nesta convocatoria serán a Agrupación Deportiva Esteirana, o Club de Remo de Ares, o C. M. Mugardos, e os clubes de remo da Puebla, Cedeira, Perillo, A Cabana, Rianxo, Cabo de Cruz, Náutico de Boiro, Celeiro, Mera, Náutico de Riveira e Muros, ademais do anfitrión, o Club de Remo Narón.
A cita desenvolverase entre as 16.00 e as 20.00 horas, cun percorrido establecido de 500 metros –desde o pantalán da Gándara ata a zona da ponte das Pías- que realizarán os participantes nas diferentes categorías, contemplándose un tramo máximo de 2.000 metros. Os regatistas das modalidades Alevín e Infantil percorrerán un tramo de 500 metros; os de Cadetes, 1.500; os de Xuvenil, Senior e Veteranos, de 2.000 metros, tal e como indicou Martínez. O presidente do Club de Remo Narón agradeceu a colaboración do Concello nesta nova edición do Trofeo de Bateis Cidade de Narón e destacou que se repartirán ao final das probas un total de tres trofeos para os tres mellor clasificados da xeral por clubes.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes de Narón valorou a dedicación dos integrantes do Club de Remo Narón, destacando os seus logros deportivos nos últimos anos e felicitou ao clube pola organización desta vixésimo primeira edición do evento, “que despois de vinte anos segue reunindo na cidade a moitas afeccionadas e afeccionados a este deporte e tamén a profesionais que o practican a través de diferentes clubes localizados en numerosos concellos galegos”.



Últimas noticias
O "XXXI RALLYE CIDADE DE NARÓN" REUNIRÁ ESTA FIN DE SEMANA A 139 PARTICIPANTES
O CONCELLO CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 30 DE XUÑO NA GÁNDARA A FESTA DO DEPORTE
O CONCELLO COLABORA NO "I CAMPUS DE FÚTBOL E PÁDEL" QUE SE CELEBRARÁ A PARTIR DO 2 DE XULLO
UNHAS 120 PERSOAS PARTICIPARÁN NA "II CARREIRA POPULAR DE ORIENTACIÓN CIDADE DE NARÓN"
MÁIS DE DUAS MIL PERSOAS PARTICIPARON NAS ANDAINAS DA TERCEIRA EDICIÓN DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"

Destacados

Outras webs municipais

   
 
Concello de Narón - Aviso legal