Concello de Narón
Novas
PRETO DE TRESCENTAS PERSOAS PARTICIPARON NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
Os camiñantes percorreron a Senda da Memoria, un tramo duns trece quilómetros localizado nas inmediacións do lago artificial do concello das Pontes
Narón, 25 de febreiro de 2018. Un total de 276 persoas participaron esta mañá na segunda andaina deste ano programada a través do programa municipal Ponte en ruta con nós. Ás 9.15 horas o colectivo partiu das inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara en autobús para desplazarse ata a localidade das Pontes, donde percorreron a Senda da Memoria. Esta ruta, que discurre polas inmediacións do lago artificial da vila mineira, ten uns nove quilómetros, que os camiñantes recorreron nunhas dúas horas. Ao longo deste traxecto localízanse varios paneis explicativos sobre a flora e fauna da zona e tamén áreas de descanso e un observatorio de aves. A través da Senda da Memoria o Concello pontés dá conta da memoria do pasado preindustrial da mina na que se extraía parte do carbón que consumía a central térmica da localidade. A vindeira das rutas programadas será o 25 de marzo, nesta ocasión novamente por un tramo localizado na comarca, concretamente cara á Fervenza do Belelle, en Neda. Ás 9.45 horas o punto de encontro dos asistentes será no Pazo de Isabel II, no citado municipio, desde donde iniciarán unha camiñata duns trece quilómetros e cunha dificultade calificada como medio-alta. As persoas que desexen anotarse deberán facelo a partir do vindeiro 1 de marzo, de luns a xoves de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres entre as 9.00 e as 13.00, cubrindo unha ficha de inscrición nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara e abonando unha cuota de tres euros, para os gastos de desprazamento en autobús ata o punto de inicio da ruta. As prazas son limitadas e non poderán acudir menores que non vaian acompañados por un adulto. Desde a Concellería de Deportes anímase á veciñanza a anotarse neste programa, donde as prazas se cubren por orde de inscrición e que ofrece a posibilidade de coñecer moitos dos atractivos turísticos tanto de Narón como doutros concellos da comarca.
www.naron.es