Concello de Narón
Novas
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ANDAINA FINAL DA SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA "PONTE EN RUTA CON NÓS"
A cita programouse para o vindeiro 2 de xullo e os asistentes participarán nun xantar comunitario na área recreativa de Pedroso
Narón, 15 de xuño de 2017. As persoas interesadas en anotarse na que será a última andaina convocada a través da segunda edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós” poden facelo no pavillón polideportivo da Gándara. A camiñata terá lugar o vindeiro 2 de xullo, con saída ás 11.00 horas da praza do antigo Concello, en Xuvia. Os participantes subirán pola marxe do río Xuvia ata a área recreativa de Pedroso, donde participarán nun xantar comunitario. Esta nova ruta ten un prezo de 15 euros por persoa, unha cantidade na que se inclúe o pago do pertinente seguro e tamén o do menú, que será a base de churrasco, paella, café e postre. Así mesmo, habilitarase un servizo de autobús que sairá da área recreativa de Pedroso cara a Xuvia (o punto de saída) ás 10.35 horas, para aquela xente que queira deixar o coche en Pedroso e participar na ruta a pé desde Xuvia ata a área recreativa. As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, de luns a xoves, en horario de 10.00 a 13.00 e desde as 16.30 ata as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. Non poden participar neste programa menores de 18 anos sen ir acompañados do seu pai ou nai ou por un titor/a. A Concellería de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca dan por rematada con esta andaina a segunda edición do programa “Ponte en ruta con nós”, iniciado en outubro do pasado ano e que incluíu un total de oito saídas por zonas de Narón e tamén doutros concellos da comarca.
www.naron.es