Concello de Narón
Novas
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA NOVA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
A caminata organizada para o vindeiro 28 de maio iniciarase na igrexa de Sedes e rematará no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 2 de maio de 2017. O Padroado de Deportes de Narón abriu hoxe o prazo de inscrición na vindeira andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, coorganizado coa empresa Arasti Barca. Nesta ocasión os camiñantes deberán estar o 28 de maio ás 9.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara, desde onde un autobús os levará ata a igrexa de Sedes, donde comezará a camiñata a pé cara ao pabellón da Gándara, por un tramo duns vinte quilómetros. As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, cubrindo unha instancia e aboando unha cuota de tres euros, coa que se pagan os gastos de desprazamento en autobús dos participantes. O horario para poder anotarse é de luns a xoves, de 10.00 a 13.00 e desde as 16.30 ata as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. Non poden participar neste programa menores de 18 anos sen ir acompañados do seu pai ou nai ou por un titor/a.
Descarga de archivos
Rutómetro
Tamaño:4,19 MB
www.naron.es