Concello de Narón
Novas
UNHAS TRESCENTAS PERSOAS PARTICIPARON NA TERCEIRA ANDAINA DO PROGRAMA MUNICIPAL "PONTE EN RUTA CON NÓS"
Os camiñantes partiron en autobús do pavillón polideportivo da Gándara cara ao Castelo da Palma, en Mugardos, donde iniciaron un percorrido duns catorce quilómetros
Narón, 29 de xaneiro de 2017. A terceira andaina convocada no marco da segunda edición do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, reuniu a un total de duascentas setenta persoas. O éxito desta convocatoria, impulsada desde o Padroado de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca, consolídase a medida que avanza no tempo, tal e como se reflicte na excelente acollida que ten entre a veciñanza. Nesta ocasión os caminantes percorreron un tramo duns catorce quilómetros dunha ruta circular, con saída e chegada ao Castelo da Palma, no concello de Mugardos. Sdgfrg A vindeira saída programada adiantarase uns días debido á celebración do Entroido, polo que en lugar de celebrarse o 26 de febreiro, tal e como se anunciou inicialmente, será o día 19 do vindeiro mes de febreiro. Non haberá cambio algún, apuntaron, no percorrido a realizar, que será polo Alto da Lagoa, con saída de Baltar. O punto de recollida dos participantes será na cooperativa de Covas, ás 9.15 horas As persoas interesadas en inscribirse na próxima andaina poderá facelo a partir do vindeiro mércores, 1 de febreiro, nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara, abonando a cota establecida, de tres euros. O horario para anotarse é de luns a xoves de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. As prazas son limitadas e non poderán acudir menores se non van acompañados por un adulto.
www.naron.es