Concello de Narón
Novas
O CONCELLO ACOLLERÁ UN SORTEO PARA OUTORGAR AS PRAZAS DA CAMPAÑA DE ESQUÍ DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
As trece prazas ofertadas na cidade concederanse a través dun sorteo público que terá lugar o 30 de xaneiro no salón de plenos do Consistorio
Narón, 28 de xaneiro de 2017. Un total de cincuenta e catro persoas solicitaron unha das prazas ofertadas a través da Campaña de esquí 2017 impulsada desde a Deputación da Coruña, coa que se ofertan no municipio un total de trece vacantes. Ao superar a demanda á oferta, o vindeiro luns, día 30, procederase a realizar no Concello un sorteo público, ás 12.00 horas no salón de plenos e perante o Secretario xeral do Consistorio, Alfonso de Prado, para sortear as prazas existentes. Terán preferencia á hora da concesión aqueles rapaces e rapazas que non participaron en anteriores Campañas de esquí da administración provincial, tal e como se establece nas directrices estipuladas polo citado ente. Os agraciados desprazaranse na semana do 19 ao 24 de febreiro –na primeira quenda establecida- á estación invernal de Leitariegos, en León, donde gozarán da súa estancia e da práctica do esquí. O prezo da iniciativa é de 95 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de desprazamento, estancia, manutención, seguros e material.
www.naron.es