Concello de Narón
Novas
O PRAZO DE INSCRICIÓN NA "CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017" DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PERMANECERÁ ABERTO ATA O 23 DE XANEIRO
Un total de trece rapaces e rapazas da cidade, nacidos entre os anos 2002 e 2006 -incluídos- poderán participar na iniciativa, que se desenvolverá na estación invernal de Leitariegos (León) o vindeiro mes de febreiro
Narón, 13 de xaneiro de 2017. O concelleiro de Deportes, Román Romero, recordou que o prazo para inscribirse na “Campaña de Esquí 2017” promovida pola Deputación da Coruña rematará o vindeiro 23 de xaneiro. A administración provincial oferta este ano un total de trece prazas para a localidade, ás que poden optar os nenos e nenas nacidos nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, que deben cubrir unha ficha –que se pode descargar das páxinas webs: www.padroadodeportesnaron.com ou www.dicoruna.es- e cumplimentar cos datos requeridos para entregala no Rexistro do Concello. No caso de que a demanda de prazas supere á oferta realizarase un sorteo para elixir ás trece persoas que participarán nesta campaña. Os rapaces e rapazas de Narón están convocados para a primeira quenda, do 19 ao 24 de febreiro, xornadas que pasarán na estación de esquí de Leitariegos, en León. A cota que aboarán os participantes é de 95 euros, cantidade na que se inclúen os gastos de transporte, a estadía, a manutención na citada estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material e os derivados das actividades e cursos programados, tal e como se indicou desde a Deputación da Coruña. Medio milleiro de rapaces e rapazas da provincia da Coruña poderán participar este ano na iniciativa, coa que se aposta por fomentar a práctica do esquí entre o colectivo.
Descarga de archivos
Instancia Campaña Esquí 2017
Tamaño:415,22 KB
www.naron.es