Concello de Narón
Novas
UN CENTENAR DE PERSOAS PARTICIPARÁN NO "I TORNEO POOLSTAR GOLF-CIDADE DE NARÓN"
A convocatoria desenvolverase os días 9 e 10 de setembro nas instalacións do Club de Golf Campomar, na parroquia naronesa do Val
Narón, 8 de setembro de 2016. O “I Torneo Benéfico PoolStar Golf- Cidade de Narón”, a favor da loita contra o cancro e organizado polo Padroado de Deportes do Concello de Narón e a entidade PoolStar Golf, reunirá esta fin de semana a un centenar de golfistas na localidade. A cita comezará o 9 de setembro, a partir das 9.00 horas, retomarase pola tarde, desde as 14.30, e continuará na xornada do sábado -nos mesmos horarios- nas instalacións do Club de Golf Campomar, na parroquia naronesa do Val. A organización recordou que as persoas que desexen participar nas probas do sábado poderán anotarse aínda o día 9, no caso de que existan vacantes, pagando 15 euros os socios do Club de Golf Campomar e 25 o resto. Juan Sousa, un dos responsables da entidade PoolStar Golf, confía en superar o cento de participantes e apuntou que a maioría dos inscritos proceden de diferentes localidades galegas, aínda que tamén acudirán golfistas doutras comunidades españolas. “Con muchos pocos, hacemos mucho” é o lema deste evento deportivo, no que se entregarán premios na última xornada aos dous mellores clasificados de primeira a terceira categoría e tamén á mellor dama; mellor júnior; mellor scratch e aos mellores aproach solidarios foxos 7 e 10. Así mesmo, o sábado sortearanse varios agasallos entre os asistentes: material deportivo, ceas, equipamento informático, estancias en hoteis, equipos de audio e tratamentos de saúde, entre outros. Ao final do sorteo, os participantes poderán degustar unha gran paella e tamén gozar dunha xornada de música en vivo. A entrega de premios terá lugar o día 10 a partir das 20.00 horas, según as previsións que manexa a organización. Ademais das cuotas que abonen os xogadores para participar no torneo, destinarase á loita contra o cancro a recadación que se deposite nunhas urnas que se instalarán no recinto e donde se poderán deixar donativos e tamén o diñeiro da recadación dos aproach solidarios –para os que se establece unha aportación de cinco euros-. Algo máis dunha trintena de establecementos colaboran nesta iniciativa impulsada polo Padroado de Deportes de Narón e PoolStar Golf. As persoas interesadas en anotarse poden facelo no Club de Golf Campomar a través do teléfono 981 453 910; do correo electrónico: gerenciacampomar@gmail.com ou na páxina web: www.clubcampomar.com.
www.naron.es